CLUBE DE LECTURA "UNHA VIDA DE RA"

O Luns tivemos a gran sorte de asistir ao Centro de interpretación do Concello da Lagoa de Antela (Sandiás) para coñecer ao autor do conto que estivemos lendo "Unha Vida de Ra" de Rafael Laso.

O primeiro de todo agradecer a Pepe e a Rafael a sua invitación. Foi un luxo poder asistir e agradecer a maneira que tivestedes de conectar cos rapaces e rapazas do cole.

 

 

Despois das presentacións estivemos lendo fragmentos elexidos polos nenos e nenas.

  

Logo estivemos explicando a metamorfose das ras a través dun debuxo feito por Andrés e Javi.

Cantamos, memoria dos sons.

E mostramos os nosos debuxos.

Gracias por convidarnos, seguro que repetimos pronto a experiencia do Clube de Lectura.