Skip to Content

Saída a MUVICLA

O pasado 19 de outubro o CEIP de Samos desprazouse a Traslite (Láncara) e visitamos o MUVICLA.

Esta actividade foi promovida pola ANPA do cole dentro do programa de visitas das ANPAS a proxectos de emprendemento rural "Da escola a Granxa" promovido pola Área de Medio Rural, do Mar e Mocidade da Deputación de Lugo.

Deixamos un pequeno video da saída

 

 

FESTIVOS DO CENTRO

 

Os dous días escollidos polo centro como festivos de libre elección son:

 

5 de decembro de 2022

9 de xaneiro de 2023

 

Día da Muller Rural

O día 15 de outubro foi o día da muller rural e dende o centro quixemos facerlles unha homenaxe a todas as mulleres rurais das nosas vidas.

A través desta actividade os nenos recompilaron información sobre as súas nais, avoas, bisavoas...descubrindo recordos cheos de amor e de esforzo.

Só podemos darlles as grazas a todas as mulleres rurais, sobre todo ás nosas antepasadas, polo gran traballo, esforzo e dedicación para sacar adiante ás súas familias.

Benvida

CURSO 2022-2023

 

O profesorado do CEIP de Samos dálle a benvida a todos os internautas que se achegan á nosa páxina.

Castaña, castaña do chan se apaña...

O pasado venres celebramos no cole o magosto. Fixemos un cestiño con cartóns de leite para meter as castañas e colgar do colo, e despois fartámonos delas!!!

 

Na clase de infantil tamén elaboramos un mural con castañas para decorar! Somos uns artistas!!!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut