Iniciar sesión
SECRETARÍA
Educación Primaria
Saída Fundación Camilo José Cela - 1º EP
admin — Ven, 10/05/2024 - 18:22
O alumnado de 1º de Educación Primaria visitou o venres, 10 de maio, a Fundación Camilo José Cela.
Teatro de Monicreques
admin — Lun, 22/04/2024 - 19:56
Teatro de monicreques dirixido á rapazada de 1º ciclo de Educación Primaria.
Proxecto Ríos
admin — Ven, 22/03/2024 - 18:22
O alumnado de 1º de Educación Primaria fixo unha camiñata para rematar o 2º trimestre polo paseo das Torres Vikingas, no marco do Proxecto Ríos, co obxectivo de observar e desfrutar do Río Ulla ao seu paso por Catoira.
Microproxecto "Ulla e Sar" levado a cabo polo alumnado de 1º de Educación Primaria para o desenvolvemento do Proxecto Ríos.
Voz Natura - Fame Cero
admin — Ven, 08/03/2024 - 20:12
O alumnado de 4º de Educación Primaria, unha vez rematadas as unidades didácticas das dúas Ciencias relacionadas cos sectores económicos, economía circular, consumo, alimentos naturais e procesados,... e despois de plantar a horta ecolóxica con Mans Unidas, esta ONG tamén nos organizou un obradoiro no que coñecemos as sementes de moitos alimentos que consumimos e que viñan desde 15 a 8.000 km da nosa casa. Cos gastos e contaminación que ten o transporte. Algunhas foron: améndoas, café, cacao, millo ou xirasol.
Esta actividade está tamén relacionada co segundo obxectivo da Axenda 2030: Fame Cero.
Conto TDAH
admin — Mér, 06/03/2024 - 14:13
En 3º de Educación Primaria traballamos o conto "Topito terremoto" para tratar de comprender que é o TDAH.
8M - Día da Muller
admin — Mar, 05/03/2024 - 15:09
Hoxe, con motivo da semana na que se celebra o 8M, as crianzas de Educación Primaria asistiron no colexio a un contacontos teatralizado sobre a figura de Rosalía de Castro. Dita representación foi levada a cabo polo CIM de Padrón.
Concurso fotográfico de meteoroloxía
admin — Lun, 04/03/2024 - 20:42
Grazas a todos os "me gusta" obtidos, o alumnado de 1º de Educación Primaria gañamos o Concurso Fotográfico de Meteoroloxía organizado polo centro educativo veciño, do concello de Valga, na categoría de Centros Educativos.
É un pracer poder participar en iniciativas de centros educativos da contorna!
Con motivo do Día de Rosalía, o alumnado de 3º de Educación Primaria visitou a igrexa de Bastabales para recitarnos, dende o mesmo lugar ao que Rosalía lle adica esta peza literaria, o poema Campanas de Bastabales.
Polos Creativos 1º EP
admin — Mar, 27/02/2024 - 20:08
O alumnado de 1º de Educación Primaria estamos inmersos no programa Polos Creativos da Consellería de Educación, polo que hoxe traballamos por equipos co material enviado ao centro.
![RSS - Educación Primaria Distribuir contido](/centros/ceiprosaliapadron/misc/feed.png)