Iniciar sesión
SECRETARÍA
Actividades Nadal 2022
admin — Sáb, 24/12/2022 - 11:45
Este xoves 22 de decembro @s nen@s do colexio puideron desfrutar das actividades de Nadal organizadas polo equipo de actividades extraescolares e complementarias: xogos populares, visita dos Reis Magos, unha sesión de contacontos e a toma das uvas para celebrar a chegada do vindeiro ano 2023.
Proxecto Ríos 4ºB
admin — Mér, 21/12/2022 - 11:23
Exposición de Nacementos
admin — Mar, 20/12/2022 - 11:00
O alumnado do colexio deu renda solta á súa creatividade para elaborar uns nacementos de Nadal. Ditas obras están expostas no andadeiro da planta alta do edificio.
Estas son as orixinais creacións realizadas polo alumnado no obradoiro de Nadal na Biblioteca.
(Premede na imaxe para visualizalas con maior claridade)
Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
admin — Dom, 27/11/2022 - 22:33
O pasado venres 25 de novembro o alumnado de 4ºA quixo manifestar a súa repulsa ante todo tipo de violencia, especialmente a que vai dirixida contra as mulleres.
Proxecto EmocionaT
admin — Mér, 23/11/2022 - 14:05
Hoxe, mércores 23, tivo lugar a segunda sesión do proxecto EmocionaT.
O alumnado de Educación Primaria recibiu orientacións sobre como poder expresar as súas emocións do mellor xeito posible.
INFORMACIÓN RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR
Infórmase que as candidatas a formar parte do Consello escolar do CEIP Rosalía de Castro, Padrón son:
Dª María Basadre Barreiro e Dª Vanesa Loureiro García.
As eleccións, votacións, terán lugar o MARTES 29 DE NOVEMBRO de 9:35 a 11:00 h.
Para poder votar deberá acreditar a súa identidade mediante documento legal, como DNI, pasaporte,..
Poden votar tanto a nai como o pai así como o/as titores legais.
En vindeiros días as persoas que formen parte da mesa electoral, recibirán convocatoria. Esta mesa estará formada por 4 pais/nais e a dirección do centro.
Animamos a tod@s a votar e participar neste órgano.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- seguinte ›
- última »