Secretaría

BECAS MEC

BECAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación abriu o prazo da convocatoria das bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, curso 2022 - 2023

Os destinatarios son os alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta, así como os alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 19 de maio e remata o 30 de setembro de 2022.

 

Para máis información preme no enlace 

INFORMACIÓN

 No seguinte enlace tedes os pasos para a solicitude

SOLICITUDE

Se tedes calquera dúbida tamén podedes chamar ao cole e desde o departamento de orientación vos axudarán no que necesitedes.

FONDO LIBROS 2022/2023

SOLICITUDES PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL, AXUDAS DE MATERIAL, FONDO LIBROS

Prazo de solicitude: Dende o 19/05/2022 ata o 22/06/2022

Alumnado destinatario:alumnado que curse Educación Primaria no curso académico 2022/2023

Engadese unha nota informativa como documento adxunto.

 

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO CURSO 22/23

O prazo para presentar solicitudes de admisión para novo alumnado ábrese o día 1 de marzo e estenderase ata o 21 do mesmo mes.

As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro, en Sede Electrónica ou ben a través do seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro educativo ou ben chamar ao 982 870 605.

Os impresos de solicitude pódense coller no colexio de 9:45h a 16:30h, tamén se poden descargar nos documentos adxuntos que se mostran a continuación.

 

APERTURA PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES VOLUNTARIOS DO COMEDOR ESCOLAR 2021/2022

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP RICARDO GASSET, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2021-2022.

 

  As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2021-2022, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión.

 O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2021, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2021.

Lémbrase que é preciso o certificado de non delitos sexuais a hora de entregar a solicitude.

 

 Durante o curso escolar 2021-2022 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

 Excepcionalmente mentres duren as medidas Covid amplíase a outros familiares dos alumnos comensais, a ex-colaboradores deste servizo, a persoal relacionado coa comunidade educativa (conserxes, persoal limpeza), así como a persoal que participe en programas devoluntariado social (Concellos, ONGs). Esta colaboración voluntaria a desenvolverán nos mesmos termos previstos na lexislación sectorial educativa ao respecto dos pais, nais, titores legais e acolledores familiares do alumnado. A ampliación manterase mentres dure a aplicación das medidas educativas e sanitarias para paliar os efectos da pandemia.

  

Incio, 2 de xullo de 2021

 

LIBROS DE TEXTO 21/22

No seguinte enlace ao PDF podedes ver a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2021/2022.

MATRÍCULA ALUMNADO NOVO

ü  DOCUMENTOS QUE SE DEBEN APORTAR:

 -Impresos de matrícula.

-Fotocopia de libro de familia.

-Fotocopia do DNI do alumno/a.

-Fotocopia dos DNIs dos proxenitores.

-Fotocopia da Tarxeta sanitaria.

-2 fotografías do alumno/a tamaño DNI.

-Certificado de empadroamento conxunto.

-Informe médico que faga constar que, dende o punto de vista sanitario, o/a alumno/a atópase en condicións de ser escolarizado nun centro ordinario. Tamén calquera outro dato médico que puidera ser relevante para súa escolarización.

 

 

ü  PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:  do 20 ao 30 de xuño 2021.

SOLICITUDES PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL E FONDO LIBROS

Estimadas familias:

Informarvos que se abriu a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/2022 (Orde do 6 de maio de 2021).

-    Como sabedes o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria  e os catro cursos da ESO pode solicitar libros do fondo solidario para o vindeiro curso.

-       O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria pode solicitar axudas para libros de texto.

-       Todo o alumnado de Educación Primaria pode solicitar axudas para adquirir material escolar.

 

As novidades máis salientables desta convocatoria son:

-   A devolución e recollida de libros do curso 2020-2021 poderá realizarse ata o 22 de xuño. O alumnado entregaraos no centro educativo o último día de clase (22 de xuño).

 

-   Debido ao cambio na normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para consultar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, a falta desta, o certificado tributario de imputacións no exercicio 2019, da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.

 

 

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

1. Accedendo a aplicación Fondolibros. Cubrindo os datos e gardándoa, obtendo así un número de solicitude. Posteriormente poderán presentala no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

2.     Cubrindo a solicitude en papel e entregala no cento educativo.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

-       Solicitude cuberta e asinada.

-       Fotocopia do libro de familia.

-       Outra documentación para acreditar grao de discapacidade, sentenza xudicial onde conste a custodia do menor, etc..

 

PRAZO DE SOLICITUDE: dende o 21 de maio ata 22 de xuño.

 

 

AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Alumnado destinatario

 

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2020/2021.

Non ten que presentar solicitude, solicítase automáticamente dende o centro educativo.

 

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

Neste caso a solicitude debe presentarse de forma presencial no centro educativo (1 solicitude por familia).

O prazo para presentar as solicitudes é dende o 16 ao 27 de novembro de 2020.

O vindeiro luns enviarase a través do alumnado os anexos que se deben presentar.

NOVIDADE SOBRE COMEDORES ESCOLARES

A continuación adxúntase o novo "ACORDO DO CONSELLO EN MATERIA DE COMEDORES ESCOLARES"  con data do 15/10/2020.

MATERIAL ALUMNADO 2020 - 2021

A continuación mostrase a listaxe de material correspondente a cada curso.

Distribuir contido