Skip to Content

Día de Rosalía

Neste 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Nesta ocasión fixémolo por medio dunha canción. Anaisy, a nosa profe de música musicou o poema "Pra Habana" e todo o alumnado do cole participou na súa gravación. O resultado foi esta marabilla de vídeo.

Para ver o vídeo PREME AQUÍ

Ademais, dado que a nosa poetísa ten unha estrela no firmamento, dende a Agrupación Astronómica Ío emprestáronnos un panel informativo no que se describe a situación e historia que arrodea a esta estrela.

 

A continuación tendes o Poema Pra Habana (versión axeitada para a canción)

 

Pra Habana

Rosalía de Castro

 

Vendéronlle os bois,

vendéronlle as vacas,

o pote do caldo

i a manta da cama.

Vendéronlle o carro

i as leiras que tiña;

deixárono sóio coa ropa vestida.

“María, eu son mozo,

pedir non me é dado;

eu vou polo mundo

pra ver de ganalo.

Galicia está probe,

i á Habana me vou...

¡Adiós, adiós, prendas do meu corazón!”

 

Éste vaise i aquel vaise,

e todos, todos se van.

Galicia, sin homes quedas

que te poidan traballar.

Tés, en cambio, orfos e orfas

e campos de soledad,

e nais que non teñen fillos

e fillos que non ten pais.

E tés corazóns que sufren

longas ausencias mortás,

viudas de vivos e mortos 

que ninguén consolará.

 

descrición imaxe


novas | by Dr. Radut