Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (para terapia en gabinete psicopedagóxico)

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA SOLICITAR BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO(para terapia en gabinete psicopedagóxico)

Os solicitantes deben cubrir a solicitude VÍA INTERNET.

Toda a información e as explicacións están nos seguintes enlaces


https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Para cubrir a solicitude entrade nesta ligazón:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

Despois de cuberta a solicitude on-line, a familia ten que imprimila en papel e asinala.

No gabinete psicopedagóxico terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado nos impresos.

Posteriormente a familia terá que entregar no DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN do colexio , os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e polo gabinete xunto coa documentación requerida (certificado do nº de conta bancario do alumno/a, diagnóstico médico do Sergas, certificado de discapacidade, título de familia numerosa de selo caso).

PRAZO DE PRESENTACIÓN :

DENDE 8 DE MAIO ata o 20 DE SETEMBRO DE 2023