Secretaría

FONDO SOLIDARIO

Segundo a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25, queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para os seguintes casos:

  • Fondo Solidario de libros de texto: alumnado de 3º e 4º de Primaria (5º e 6º E-Dixgal).
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de Primaria.
  • Axudas para material escolar: todo o alumnado de Primaria. 

FORMAS DE PRESENTACIÓN:

CURSO 2024-2025

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

  Prazo de solicitudes do 1 ao 20 de marzo
Documentación a entregar

- Solicitude e anexo II-bis (dispoñibles tamén no centro)

·  Modelo ED550B en galego

RESERVA DE PRAZA NO IES DE PONTE CALDELAS

O día 15 de xaneiro inícianse os trámites para a reserva de praza do alumnado de 6º de educación primaria (procedemento ED550A) que continuará os seus estudos no centro adscrito (IES Ponte Caldelas).

Para os efectos da reserva de praza deberase presentar o formulario normalizado  (ED550A) na secretaría do centro de orixe ou a través da aplicación admisión alumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/). A solicitude podedes descargala no ficheiro adxunto (Anexo I) ou na web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2024.

Presentación reunión inicial

Achégase a presentación (en adxunto) para as persoas que non puideron asistir á reunión xeral inicial do día 3 de outubro.

Listaxes de material

Adxuntamos as listaxes de material para os cursos de Educación Primaria

 

PRAZOS FONDO SOLIDARIO

Publicación resolución provisional: 6 de xullo de 2023 (no taboleiro do centro).

Publicación resolución definitiva: 11 de xullo de 2023  (no taboleiro do centro).

Datas para a entrega de vales de libros de texto e material para 1º e 2º de primaria: 12, 13 e 14 de xullo en horario de 10:00 a 14:00 horas.

* Os libros de texto e os vales de material para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria entregaranse en setembro.

 

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

Achégase a relación de libros de texto do vindeiro curso. Entra en vigor a nova lei educativa LOMLOE nos cursos pares e, polo tanto, en toda a etapa de primaria. En consecuencia, actualízanse os libros dos cursos anteriormente mencionados.

 

FONDO SOLIDARIO CURSO 2023/24

Segundo a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24, queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para os seguintes casos:

  • Fondo Solidario de libros de texto: alumnado de 3º e 4º de Primaria.
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de Primaria.
  • Axudas para material escolar: todo o alumnado de Primaria. 

FORMAS DE PRESENTACIÓN:

PROCESO DE ADMISIÓN

Comeza o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2023/24, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 co seguinte calendario:

Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por primeira vez ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria. A solicitude poderá facerse telematicamente a través da aplicación admisionalumnado ou descargando o formulario (ficheiro adxunto) e facendo entrega do mesmo na sacretaría do centro.

25 de abril de 2023: publicación provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións.

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

O día 16 de xaneiro inícianse os trámites para a reserva de praza do alumnado de 6º de educación primaria (procedemento ED550A) que continuará os seus estudos no centro adscrito (IES Ponte Caldelas).

O prazo de solicitudes abranguerá desde o día 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023 ambos incluídos.

Para os efectos da reserva de praza deberase presentar o formulario normalizado  (ED550A) na secretaría do centro de orixe ou a través da aplicación admisión alumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/). A solicitude podedes descargala no ficheiro adxunto (Anexo I) ou na web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Segundo a  RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación  e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos corresponde facer unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar procederase a renovar un representante do claustro de mestres e mestras e un representante do sector de nais/pais.

O prazo de presentación de candidaturas abranguerá desde o día 11 ata o 18 de novembro (adxunto modelo presentación candidaturas).

A continuación exponse o calendario electoral:

Pódese consultar o censo de familias no taboleiro do centro.

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR

Achegamos o calendario das eleccións ao consello escolar para a súa renovación parcial segundo a resolución do 19 de setembro de 2022.

AMPLIACIÓN AXUDA MATERIAL ESCOLAR

No Diario Oficial de Galicia publicado hoxe (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221014/AnuncioG0655-061022-0001_gl.html) establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por valor de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

Poderedes recoller os vales a partires do martes 18 de outubro en horario de 9:30 a 10:30 e de 13:30 a 14:30. 

LISTAXES DE MATERIAL ESCOLAR

Podedes descargar en documentos adxuntos as listaxe de material correspondentes ao curso das vosas fillas/fillos. Non esquezades revisar as listaxes de libros de texto (publicadas con anterioridade) por si precisades adquirir algún material (cuadernillo, Activity book, etc.)

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-2023

Lembramos que o vindeiro curso 2022-2023 entra en vigor a nova lei educativa LOM-LOE e o novo decreto de currículo nos cursos impares 1º, 3º e 5º de educación primaria. Como consecuencia deste cambio normativo mudaranse os libros de texto nos cursos anteriormente mencionados. As familias beneficiarias do fondo solidario non deberán mercar ningún libro de texto (sombreados en amarelo). O material funxible, sen sombrear, (cuadernillos) deben ser mercados polas familias.

FONDO SOLIDARIO

A  continuación sinalamos os prazos relativos ao Fondo Solidario:

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS: 04 DE XULLO

RECLAMACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS: 05 E 06 DE XULLO

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS: 07 DE XULLO 

LUNS 11 E MARTES 12 DE XULLO REPARTO DE VALES PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO PARA 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

 

Formalización matrícula curso 2022/23

Infórmase de que o día 20 de xuño comeza o prazo para a formalización da matrícula para o vindeiro curso 2022-23.

A documentación que debedes achegar para formalizar a matrícula é a seguinte:

- Anexo III (adxúntase ao final da publicación).

- Certificado médico (expedido polo médico de cabeceira ou pediatra).

- Copia do libro de familia.

- DNI dos pais e do alumno/a (si o ten).

- Unha fotografía tamaño carné.

- Volante de empadroamento conxunto no que aparezan todos os membros da unidade familiar que convivan no domicilio do alumno/a.

- Copia da tarxeta sanitaria.

FONDO SOLIDARIO

ORDE do 29 de ABRIL de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B).
A presentación das solicitudes poderá facerse a través da SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (procedemento ED330B) ou presencialmente no centro facendo entrega do anexo facilitado.
O prazo para a presentación destas solicitudes será ata o mércores 22 de xuño.

A continuación expóñense os horarios de entrega por cursos.

LUNS 30 MAIO 09:30 - 11:30  6º ED. INFANTIL - 1º PRIMARIA
MARTES 31 MAIO 09:30 - 10:30 e 13:40 -14:30  2º PRIMARIA
XOVES 2 XUÑO 09:30 - 11:30  3º PRIMARIA - 4º PRIMARIA
VENRES 3 XUÑO 09:30 -10:30 e 12:30 - 14:30  5º PRIMARIA

 

 

Concreción curricular

Seguindo as instrucións da nova Orde do 25 de xaneiro de 2022 que regula a normativa de avaliación de educación primaria, xa está dispoñible a modificación da Concreción curricular do noso centro.

Pode consultarse no seguinte enlace.

Click aquí

 

PUBLICACIÓN DE VACANTES CURSO 2022-2023

Consultar o documento adxunto.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/2023

O prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado de 4º de educación infantil e 1º de educación primaria para o vindeiro curso 2022-2023 abrangue desde o día 1 ao 21 de marzo (ambos inclusive).

Para formalizar a admisión deberá entregarse o Anexo II de forma presencial no centro educativo ou ben a través da sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada (procedemento ED550B).

Ligazón á normativa: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html

Distribuir contido