Estimadas familias: Este curso decidimos adiantar a nosa segunda carreira solidaria debido á necesidade social actual: as persoas afectadas polo volcán de La Palma.
Datas: do 2 ao 9 de novembro.
Participantes: alumnado do centro e todas as persoas que queiran. O alumnado participará en horario de mañá e o resto de participantes en horario de tarde.
Podedes recoller o voso dorsal da carreira na secretaría do CEIP Reibón en horario escolar ou martes de 4 a 6, aportando 2 € como donativo.
Na pista de atletismo do Concello, fronte ao cole, podedes percorrer as voltas que queirades. Se decidides ir o día 2 de novembro en horario de 5 a 7 , podedes mercar o dorsal na propia pista e alí estaremos para animarvos.
Facede algunha foto da vosa participación e enviala xunto co número de voltas percorrido a: carreirasolidariareibon@gmail.com
"CORRE TI E CORRE A VOZ!" Vídeo promocional da carreira e máis info no facebook do cole