Skip to Content

MENÚ DE XANEIRO

II CARREIRA SOLIDARIA

Estimadas familias: Este curso decidimos adiantar a nosa segunda carreira solidaria debido á necesidade social actual: as persoas afectadas polo volcán de La Palma.

Datas: do 2 ao 9 de novembro.

Participantes: alumnado do centro e todas as persoas que queiran. O alumnado participará en horario de mañá e o resto de participantes en horario de tarde.

Podedes recoller o voso dorsal da carreira na secretaría do CEIP Reibón en horario escolar ou martes de 4 a 6, aportando 2 € como donativo.

Na pista de atletismo do Concello, fronte ao cole, podedes percorrer as voltas que queirades. Se decidides ir o día 2 de novembro en horario de 5 a 7 , podedes mercar o dorsal na propia pista e alí estaremos para animarvos.

Facede algunha foto da vosa participación e enviala xunto co número de voltas percorrido a: carreirasolidariareibon@gmail.com 

"CORRE TI E CORRE A VOZ!" Vídeo promocional da carreira e máis info no facebook do cole

PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO DE LIBROS

LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

SOLICITUDE DE COMEDOR E AUTODECLARACIÓN

 Preme nas imaxes para poder velas ou imprimilas se é o caso.

   

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

Preme na imaxe para ver a relación de libros de texto por curso.

RELATOS EN GALEGO

O alumnao de 5º de primaria participou nun obradoiro de expresión escrita promovido polo Equipo de Normalización Lingüística. Ademais aproveitaron para grabar os textos e ilustralos co croma.

 

      

I CARREIRA SOLIDARIA

Estamos moi contentos e contentas por anunciar que dende o 24 de Maio ata o 3 de Xuño terá lugar, coas medidas pertinentes, a I carreira solidaria dirixida ao alumnado e profesorado do noso cole.

Cos cartos recaudados faremos unha doazón a unha das asociacións que están a prestar a súa axuda as persoas que máis o precisan nestes momentos en Moaña por mor das consecuerncias da Covid-19.

 

 

 

Aquí tendes un vídeo no que se explica en qué consiste e os numerosos beneficios que ten.

 

 

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Co gallo da celebración do dia das letras galegas, decoramos uns paraugas cos versos de Xela Arias.

 

 

E neste vídeo Nora deleitanos coa súa voz de mezzosoprano o himno de Galiza.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut