Skip to Content

Samaín

V FESTIVAL DE CURTAS DE MEDO

Un ano máis xa está aquí o noso Festival de Curtas.

Anímate e participa!!!

IV FESTIVAL DE CURTAS SAMAÍN

 

Chega a festa máis terrorífica do ano

O SAMAÍN!! 

 

 


 

Queremos que participedes un ano máis neste festival de curtas


 

 

Celebramos o Magosto e o Samaín. 2021

O xoves 28 e o venres 29 de outubro celebramos no colexio o magosto e o Samaín. 

Xoves asamos as castañas que trouxeron os nenos e nenas de infantil e os primeiros cursos de primaria, coa leña que trouxo o alumnado de quinto e sexto.

O profe Guillermo veu de visita, e xunto co profe Esteban prepararon unhas castañas moi saborosas, que comemos nos distintos patios.

Venres, viñemos disfrazados para celebrar o Samaín, a antiga celebración celta que está na orixe do actual Halloween. 

II Festival de Curtas de Medo. 2020

Premendo na seguinte imaxe poderedes ver as curtas participantes no festival... se vos atrevedes...

 

II Festival de Curtas de Medo. 2020

 

Samaín 2015

Samaín 2015

Un ano máis, fixemos diferentes obradoiros polo Samaín. Ademais das actividades de decoración de corredores e de cabazas, fixemos outros obradoiros (creación de monstruos, maquillaxe terrorífico, pócemas máxicas...) e escribimos todos os nosos medos para queimalos na festa do Samaín. 

 

Actividades Samaín 2014

Un ano máis, fixemos diferentes obradoiros interciclos polo Samaín. Os Xirasoles, os Coquiños e os nenos e nenas de segundo estivemos inmersos nunha chea de actividades. Unha delas foi o baleirado de cabazas. Aquí vos deixamos unha mostra de todo o que traballamos.

 

 
 
 
 

 
Os Apolos, os Sapiens e os nenos e nenas de primeiro tamén estiveron gozando en varias actividades, como contacontos ou sesión fotográfica de medo. Aquí podedes ver o que fixeron.
 

 

     


 

Ademais, os nenos e nenas de segundo agasalláronnos cunha representación teatral chamada "o baile do castelo".

 

 


 

As nenas e os nenos de educación infantil divertíronse moito co obradoiro que nos propuxo a mamá de Mauro (Coquiños). Contounos un conto dunha araña e fixemos arañas para decorar o corredor.

 


 

 Despois de todos estes días cheos de actividades de Samaín, nos reunimos para queimar todos os medos que temos. Para conseguir que desaparezan, visitounos un bruxo.

Samaín 2014

Distribuir contido


by Dr. Radut