Skip to Content

Educación Infantil

O Coro das Emocións

Este é o videoclip que fixemos para a proposta Somos Creativos, do Coro das emocións do programa de Educación Responsable.

Traballamos en colaboración 2ºB e 5º de Educación Infantil, sobre a canción "Twist del Monoliso", de María Elena Walsh.

 Foi moi divertido!!!

Reunión de Infantil

Reunión


 

Adaptación da Concreción Curricular.

Clicando na imaxe podedes descargar a Adaptación da Concreción Curricular. 

Creamos o noso propio material sobre os dinosauros!

Visita de Olga, a contacontos

Que mellor maneira de celebrar o Día do Libro que con unha contacontos e máis se é da man de @olgaenlanube.

Quedamos encantados, sorprendidos e asombrados con esta historia sobre o mar.

Olga 1

Artelixo 2022

A temática deste ano era Os nosos montes. Decidimos facer esta obra á que puxemos o nome “Árbore Viva”.

 

Está na CASA DA BOA CARNE en Redondela.

Moitísimas gracias pola amabilidade e a paciencia!

Tamén gracias a @artelixoredon por deixarnos participar.

É a primeira pero esperamos que non sexa a última!

Celebramos o Día da Muller

O 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller, chamado antes Día da Muller Traballadora.

No noso centro pensamos que un día non é suficiente, e esforzámonos por que todos os días sexan oportunidades para traballar a igualdade entre homes e mulleres.

Neste curso, decidimos aproveitar esta semana para celebrar a vida e traballo de mulleres relacionadas coa paleontoloxía e, en xeral, cos dinosauros.

Clicando na imaxe poderás ver os traballos do noso alumnado, e descubrir a moitas mulleres brillantes.

Álbum: Curso 2021/22 -> Día Internacional da Muller

Creando disfraces

As baleas demostran, unha vez mais, que son grandes artistas! 

Que é? Na aula de catro anos creamos DISFRACES a partir dunha liña.

As Baleas (ademais de artistas) son mooooi creativ@s

Día de Rosalía 2022

Hoxe, día 23 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía.

No cole, dedicamos a semana pasada a explorar o traballo e a vida da nosa poetisa a través dunha escape room que fixemos na biblioteca.

Na seguinte galería podedes ver algunhas imaxes dos nenos e das nenas buscando pistas, traballando en equipo, e achegándose á figura desta gran muller.

Clicade na imaxe ↓

Álbum: Curso 2021/22 -> Día de Rosalía

Pinturas rupestres das Baleas

Artistas!

Distribuir contido


by Dr. Radut