Skip to Content

A función de nutrición

Traballando a función de nutrición!

Aquí vos mostramos como quedaron as maquetas que por equipos, construímos dos diferentes aparatos que interveñen na función de nutrición. Unha vez feitos, preparamos unha explicación para o resto de nen@s da clase e expuxémola de forma oral.

Como o noso tema é "Reboreda Jurassic Park", mediante a rutina de pensamento de "comparar e contrastar", buscamos en que se diferencia e en que se parece a función de nutrición dos dinos á nosa.

E despois de reflexionar que tal resultara esta tarefa cunha diana de avaliación, onde nos avaliamos tanto a nós como ao resto de membros do equipo, rematamos cunha merenda moi saudable!



page | by Dr. Radut