Skip to Content

Novas

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

No mes de marzo comeza o PERIODO DE ADMISIÓN  para o vindeiro curso 2021-2022

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

PRÓXIMA APERTURA DO:  1 DE MARZO AO 22 DE MARZO

 

Para acudir, é necesario concertar cita previa nos nosos teléfonos: 886 110 662 e 886 110 663.

Podedes atopar a información no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2020-2021

Estimadas familias;

Adxuntamos o cartel das xornadas de portas abertas do noso centro. 

Para todas aquelas familias interesadas en coñecer de xeito presencial o centro poderán facelo baixo cita previa chamando os teléfonos do centro 886110662 -886110663, ou enviando un correo eléctronico o centro: ceip.reboreda@edu.xunta.es   ASUNTO: CITA PREVIA PORTAS ABERTAS 

Data:  23 febreiro

Horario :  16:00 a 19.00 horas

Casos de Covid detectados no centro

 Estimadas familias,

 Comunicámosvos que se confirmaron dous casos da Covid-19 no centro.

 Os contactos estreitos, xa identificados, deben permanecer na casa en corentena, e en breve serán contactados por un rastrexador, debendo seguir as instrucións recibidas. 

 

ENTREGA DA SEGUNDA MÁSCARA PARA ALUMNADO SELECCIONADO NO PROCEDEMENTO DA ORDE DO 6 DE NOVEMBRO 2020

Estimadas familias;

O centro xa recibiu o segundo pedido de máscaras.

A partires de mañá xoves día  17 de decembro e ata o luns día 21 de decembro podedes pasar polo centro a recoller a segunda máscara concedida no procedemento de distribución de máscaras segundo a Orde do 6 de novembro de 2020

 

ENTREGA DA SEGUNDA MÁSCARA PARA ALUMNADO SELECCIONADO NO PROCEDEMENTO DA ORDE DO 6 DE NOVEMBRO 2020

Estimadas familias;

O centro xa recibiu o segundo pedido de máscaras.

A partires de mañá xoves día  17 de decembro e ata o luns día 21 de decembro podedes pasar polo centro a recoller a segunda máscara concedida no procedemento de distribución de máscaras segundo a Orde do 6 de novembro de 2020

 

Procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria

Iniciase o procedemento para a distrubución de máscaras para o alumnado de primaria matriculado no centro.

O prazo de presentación será dende o 13 de novembro ata o 27 de novembro do mesmo mes.

Os beneficiarios de axuda de material escolar non será necesario que presenten a solicitude.

 

Estas axudas están reguladas na ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Información sobre o Coronavirus

    O Servizo Galego de Saúde pídennos que compartamos coa comunidade educativa a seguinte información e recursos sobre o Coronavirus. 

    • A páxina web: coronavirus.sergas.gal, na que atoparemos información actualizada.
    • Nesa web, no aportado Información Covid para Centros Educativos non Universitarios, atoparemos os protocolos actualizados da Xunta de Galicia, xunto con vídeos formativos.
    • O protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico frente ao virus SARS-Cov-2 no ámbito educativo non universitario de Galicia, que está adxunto a esta publicación.

 Esperamos que esta información sexa de utilidade.

Aviso do Concello de Reboreda.

O concello de Redondela vai facer cambios con respecto ao acceso ao colexio:

Os motivos para estes cambios son:

  • Establecer sentido ÚNICO descendente para reducir o tráfico de vehículos, permitindo só o acceso no horario acordado para o transporte escolar, e pais, nais, titores ou familiares que acudan ao centro a deixar ou recoller aos cativos.
  • Pechar temporalmente o acceso dende a ESTRADA PAZOS DE BORBÉN, quedando nese treito de tempo habilitado accesos alternos ven para acceder ao colexio (dende a Estrada de Ventosela pola estación do Ave ou ben polo Camiño da Carambola)
  • Desvío provisional do tráfico de vehículos particulares non destinados ao servizo escolar procedentes do camiño carambola cara a rúa Eidos.

Con todo o previsto, redúcese o tráfico de vehículos na zona no treito de tempo acordado, e mellórase a seguridade dos cativos ou peóns que transiten polo acceso ao colexio, como subida e baixada do bus escolar.

Protocolos vixentes e actualizados da Consellería de Educación (Covid-19)

O CEIP PLURILINGÜE DE REBOREDA cumple co indicado no PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021, de data 22 de setembro de 2020, aprobado por Resolución conxunta das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade.

No seguinte enlace podedes consultar os protocolos vixentes e actualizados establecidos pola Consellería de Educación: 

Protocolo de centros e novos protocolos específicos.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

Publicase a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

O prazo de solicitude vai do 20 de maio ao 19 de xuño.

Para a entrega das solicitudes deberase pedir cita previa chamando aos teléfonos do centro:

886 110 662 e 886 110 663

Distribuir contido


by Dr. Radut