Skip to Content

Novas

A Xunta ofrece un segundo test gratuíto para os rapaces de 5 a 11 anos

A Xunta de Galicia ofrecerá un segundo test gratuíto para os rapaces de 5 a 11 anos, que poderase recoller coa tarxeta sanitaria nas farmacias adheridas a esta iniciativa.

Este segundo test estará dispoñible a partir do día sete de xaneiro.

Para ler a noticia completa, clica aquí: noticia.

Adxudicación de mascarillas

Informamos que a Consellería de Educación concédelle máscaras protectoras para este curso a todo o alumnado que recibiu cheque de material na resolución do fondo de libros.
 
  As familias deberán vir polo centro a recollelas. 
 
  Un saúdo.

Elección dos representantes de nais, pais ou titores legais do alumnado ao Consello Escolar

De acordo coa Convocatoria de eleccións a Consellos Escolares, o próximo día 23, martes, celébrase neste Centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do Colexio co seguinte horario:

  • De 08:45 a 09:15 horas.
  • De 13:00 a 14:00 horas.
  • De 16:00 a 17:00 horas.

 

Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

 

1º.- Quen pode votar.

Teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral e tras a súa exposición pública regulamentaria. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

 

2º.- Modo de emitir o voto.

a) O voto será directo, secreto e non delegable.

b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes dos candidatos, por orde alfabético de apelidos, e cada elector deberá marcar cunha cruz un máximo de 2 nomes  das candidatas ou candidatos relacionados, debendo acreditar a súa personalidade, no momento de votar, mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

d) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

 

 A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo martes, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

 

Reboreda, 17 de novembro de 2021.

                                 

A DIRECTORA DO CENTRO

Participación no procedemento de distribución de máscaras para o alumnado de Educación Primaria

Estimadas familias,

 

Hoxe saíu a convocatoria no DOG 12 DE NOVEMBRO de 2021, da Orde do 28 de outubro de 2021 do procedemento de distribución de máscaras para o alumnado matriculado en Educación Primaria.

Adxuntamos dita Orde onde atoparedes toda a información para presentar as solicitudes.

Prestade especial atención aos artigos 6,7,8 e 9.

 

Saúdos

Convocatoria eleccións dos representantes de nais, pais e titores legais ao consello escolar

Estimadas familias, 

 

De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira 1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar.

 

Axuntamos a CONVOCATORIA e o MODELO DE CANDIDATURA DE PAIS/NAIS DE ALUMNADO.

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

25/11/2021

Programa "Dixítalízate con Nós"

O obxectivo xeral do programa “Dixitalízate con Nós” é o de cubrir as necesidades de subministro de liña de internet e material informático (ordenadores, táblets, etc.) durante todo o ano 2021 a menores de Galicia cando as súas familias se atopen en situación de risco de exclusión social, por carencia e/ou limitación de recursos económicos.

  • Cobertura de Fibra/ADSL - Menores de 6 a 18 anos.
  • Entrega de ordenadores e material informático - Menores 13 a 18 anos.
  • Entrega de tablets - Menores de 6 a 12 anos.

Para máis información, clicade na imaxe: 

Protocolo COVID da biblioteca

Boletín informativo Curso 21-22


Podedes descargar o boletín premendo no arquivo adxunto.

AXUDAS DE COMEDOR E EDUCACIÓN INFANTIL 2021-2022 CONCELLO DE REDONDELA

O Concello de Redondela abre o prazo mañá día 24 de xullo para presentar as axudas de comedor  do curso 2021-2022 ata o 23 de agosto.

Por outra banda, está aberto o prazo para solicitar axudas para libros e material.

O alumnado ao que vai destinado e o alumando de 2º ciclo de Educación Infantil (3-5 anos).

O prazo para presentar as solicitudes e do 24 de xullo ata 10 de agosto  de 2021

 

Ligazóns Concello de Redondela:

 

http://redondela.gal/gl/subvencions

 

adxuntos:

bases das convocatorias

Distribuir contido


by Dr. Radut