Skip to Content

Novas

LISTAXES PROVISIONAIS ADMISIÓN 2022-2023

Todas as familias que fixeron a reserva- admisión para o vindeiro curso 2022-2023 están admitidas .

 Podedes consultar dita información (listaxes provisionais) nos taboleiros do centro. 

As listaxes definitivas sairán o 13 de maio. 

 

 

 

Uso das mascarillas no colexio

 

Actualización de xoves, 21 de abril de 2022:

Hoxe xoves, 21 de abril de 2022, a Consellería de Sanidade publicou o documento de Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia, no que se indica o seguinte:

Resumo uso da máscara

OBRIGATORIO

  • Transporte escolar (salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)

RECOMENDADO

  • Persoal traballador do centro educativo.
  • Alumnado do centro educativo.
  • Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.

 

Book Cover Challenge!

Con motivo da celebración do Día internacional do libro, o vindeiro 23 de abril, querémosvos propoñer un reto:

recrear unha portada

dun libro infantil ou xuvenil, dun álbum ilustrado,...

Como? Fotografando unha simulación do que se mostra na mesma. Poden aparecer persoas (os propios nenos e nenas  por exemplo), obxectos, mascotas, etc.

Como unha imaxe vale máis que mil palabras deixámosvos a continuación algúns exemplos da actividade.

Buscade unha bonita portada entre os vosos contos e animádevos a participar.

É moi divertido e ademáis... terá premio!!!

Casos de Covid detectados no centro

 Estimadas familias,

 Comunicámosvos que, neste momento, hai seis casos confirmados da Covid-19 no centro.

As familias con fillos ou fillas na contorna específica destes casos xa foron notificadas mediante unha mensaxe a través de Abalar

Fin da recomendación do uso da mascarilla no patio.

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos.

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade

 

Exitosa recollida de material para Ucraína

Todo o equipo do Ceip Plurilingüe Reboreda quere agradecer a todas e cada unha das familias o apoio recibido en contra desta inxusta causa como é a guerra contra Ucrania.

Sen vós non sería posible .

 Moitas  grazas!!

UCRAÍNA EMERXENCIA

UNHA VEZ MÁIS O NOSO CENTRO SOLIDARÍZASE COAS NECESIDADES SOCIOHUMANITARIAS POLO QUE PROGRAMAMOS UNHA RECOLLIDA DE MATERIAIS DE PRIMEIRA NECESIDADE (ALIMENTOS NON PERECEDOIROS, XABÓNS, MANTAS E TOALLAS) PARA AXUDAR AOS REFUXIADOS DA GUERRA DE UCRAÍNA.

CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. A RECOLLIDA LEVARASE A CABO OS DÍAS 7,8, E 9 DE MARZO.

GRAZAS POLA VOSA AXUDA. 

Meeting Cindy

Yesterday we met the lovely Cindy, the school’s new foreign language assistant. She will help our students to improve their speaking and listening abilities in the English language.

Onte coñecimos á encantadora Cindy, a nova asistente de lingua estranxeira do colexio. Ela axudará ao noso alumnado a mellorar as súas habilidades para falar e escoitar na lingua inglesa.

Welcome to Reboreda!

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2022

Estimadas familias, 

No mes de marzo comeza o periodo de admisión  para o curso 2022-2023, polo que, o 15 de  febreiro o noso centro ofrece a  xornada de portas abertas para que as familias poidan visitar as nosas instalacións.

Ver adxunto para máis información

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2022/2023: Centros Adscritos.

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación admisionalumnado (www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) no menú: Solicitudes > Reservas > Crear.

Distribuir contido


by Dr. Radut