Skip to Content

NOVA INFORMACIÓN PLAN MADRUGA

ESTIMADAS FAMILIAS;

ADXUNTAMOS A NOVA INFORMACIÓN SOBRE O PLAN MADRUGA QUE NOS ENVÍA O ANPA BOLBORETA.

 

 

FIN DOS OBRADOIROS DESTE TRIMESTRE

Case terminando o trimestre, rematamos cos primeiros obradoiros que tanto gustaron ao noso alumnado Hoxe, deixamos mostra de varios obradoiros; creación de pulseiras, construcións e obradoiro das emocións.

No vindeiro trimestre, novos obradoiros!!

 

OBRADOIRO CREACIÓN DE MARCAPÁXINAS

Un venres máis gozamos da hora máis divertida para o alumnado, esta vez estivemos creando marcapáxinas. Para os máis pequenos, creamos un palomitero no que traballamos moito a motricidade fina, mentres que os maiores fixeron diferentes tipos de marcapáxinas con papiroflexia.

Un obradoiro moi divertido.

 

OBRADOIRO CONCIENCIA E EXPRESIÓN CORPORAL

Un venres máis os alumnos e alumnas do centro gozaron dun novo taller no que a través de diferentes estilos musicais expresan e toman conciencia do seu corpo e do que senten ao escoitar esas melodías.

CONVOCATORIA - ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS,PAIS ETITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR.

CONVOCATORIA

 

De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022 da Secretaría Xera de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celabración de leccións de membros dos consellos escolares de centro docentes sostidos con fondos públicos (DOG 8/10/22) a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS, segundo as seguintes normas:

 

1. De acordo co dispoto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira. 1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar.

2. A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

    Reboreda, 7 de novembro 2022

OBRADOIRO VENRES DE SAMAÍN

O venres antes da festa de Samaín, gozamos cun novo obradoiro Xoga un Conto. Temos uns alumnos/as con moita imaxinación e creatividade

 

VENRES DE OBRADOIROS

Un venres máis gozamos nun novo taller, hoxe aprendemos moitas cousas no taller de Deseño de personaxes 3D.

Desde a base de como comezar a debuxar ata o

fin da súa creación desde a imaxinación

 

 

OBRADOIRO DE EFECTOS ÓPTICOS

Esta semana disfrutamos cun novo obradoiro de EFECTOS ÓPTICOS.

Puidemos descubrir algúns efectos do cinema, ademais de realizar unha manualidade chamada TAUMATROPO, ou marabilla xiratoria.

Unha semana máis o pasamos xenial aprendendo e gozando

 

IV FESTIVAL DE CURTAS SAMAÍN

 

Chega a festa máis terrorífica do ano

O SAMAÍN!! 

 

 


 

Queremos que participedes un ano máis neste festival de curtas


 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022-2023

Estimadas familias

 

Un ano máis, o Anpa Bolboreta oferta ao centro diversas actividades extraescolares.

Tedes toda a información no arquivo adxunto

Distribuir contido


by Dr. Radut