Skip to Content

Novas

CONVOCATORIA BECAS NEAE PARA O CURSO 2022-2023

Xa  abriu o prazo para solicitar BECAS NEAE para o vindeiro curso 2022-2023.

Quenes poden solicitar esta axuda? As familias con fillos/as con necesidades específicas de apoio educativo derivadas de: discapacidade, trastorno grave da conduta ou da comunicación e da linguaxe, trastorno de espectro autista e altas capacidades.

Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 30 de setembro de 2022

Pasos para solicitala (pinchar no enlace)

Máis información (pinchar no enlace)

Convocatoria das becas (pinchar no enlace)

Resumo información (pinchar no enlace)

Reunión de Infantil

Reunión


 

DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Estimadas familias;

Xa tedes a vosa disposición os documentos necesarios para a formalización da matrícula.

 

O periodo de matrícula comeza o 20 de xuño e remata o 30 de xuño.

 

IMPORTANTE

Documentación a presentar

  • Fotocopia do libro de familia
  • Fotocopia do DNI dos proxenitores e do alumnado (se o ten)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de vacinas
  • 4 fotografias tamaño carné
  • Sentenza de separación ou divorcio de ser o caso

Novidades Covid Maio 2022

O pasado venres 20 de maio publicouse unha nova versión do Protocolo de Adaptación ao Contexto da Covid-19.

Pouco a pouco, seguimos avanzando cara unha normalización da situación escolar.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar 2022

 

Estimadas familias;

 

O prazo de presentación de solicitudes é do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022.

  • A solicitude pódese cumprimentar:
    • De xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou na páxina web da Consellería.
    • Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación ben na sede electrónica da Xunta de Galicia, ben de xeito presencial no centro.
  • solicitude será única para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2022-2023 e servirá para:

1. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUSICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Alumnado pertencente a familias con renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.

2. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS

Alumnado de 1º, 2º de Primaria.

3. PARTICIPAR NO BANCO DE LIBROS DE 3º a 6º EP

  • Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2021/2022así como os libros emprestados no curso 2021-2022, agás o alumnado de 1º e 2º de EP que non terá que realizar a devolución.

 

 

 

Podedes consultar toda a información que aparece recollida na páxina de Conselleria de Educación

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO 2022-2023

Familias:

Xa podedes consultar as listaxes definitivas de admisión para o vindeiro curso 2022-2023 nos

taboleiros do centro, ou chamando  ao telefóno 886110662

 

 

 

Os nosos proxectos en Galiciencia

O venres, presentamos proxectos en Galiciencia.

Catro dos nosos alumnos e alumnas foron seleccionados para a Feira Científica de Galiciencia e este venres 13 asistiremos á mesma.

Na páxina web da Feira están os vídeos dos proxectos para que os poidades visualizar:

O número 14, Roupa Reciclada, de Sara e Emma.

 

O número 15, Coche Ecolóxico, de Mauro e Alán.

sara-emma   alan-mauro

Ademais, se vos gustan, vos resultan interesantes e vos parece ben, poderedes valoralos! 

DixInnova 2022

Este ano participamos en Dixiinova, e xa estamos a argallar como mellorar a dixitalización do noso centro para os cursos vindeiros. No noso punto de mira está a elaboración do Plan Dixital, e o programa de Polos Creativos.

Clicando na imaxe podedes acceder ás conferencias do 10 de maio. Ollo, que son 10 horas de conferencia!

Hoxe, 11 de maio, o alumnado de quinto vai participar presentando parte do feito neste curso. Bo traballo!

Adaptación da Concreción Curricular.

Clicando na imaxe podedes descargar a Adaptación da Concreción Curricular. 

Bacharelato de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño no IES Pedro Floriani

IES Floriani

 

Compartimos a noticia publicada na web do IES Pedro Floriani.  

 

A Consellería ven de confirmar a implantación do Bacharelato de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño, no noso centro escolar.  

Impartirase no mesmo horario que o resto dos bacharelatos.

Todo o alumnado que así o desexe, poderá solicitar praza para este bacharelato neste prazo aberto de xeito extraordinario. 

 

Auméntanse así as opcións que terán os nosos estudantes cando, dentro duns anos, teñan que escoller o bacharelato a estudar.

Distribuir contido


by Dr. Radut