Skip to Content

Actividades e conmemoracións

O Maio en Reboreda

O venres 30 de abril, celebramos no cole a festa do Maio.

Os nenos e nenas trouxeron da casa fiuncho, pampullos, ovos, laranxas... que coseron con moito agarimo para crear un fermoso e colorido maio.

Tamén prepararon as súas coplas, que cantaron mentras bailaban arredor do maio. 

Aquí deixámosvos unha pequena mostra da nosa celebración, xa que neste curso tan extraño non podemos contar coa presenza das familias nestas celebracións. 

Día do libro 2021

Dende o colexio de REBOREDA, este ano, para celebrar o Día do Libro, queremos facervos unha proposta.


Día de Rosalía 2021

O día 24 de febreiro conmemoramos o

Día de Rosalía de Castro

Este curso atípico, non puidemos celebralo todos xuntos, polo que fixemos uns vídeos para achegar aos nosos compañeir@s, familias e a toda a comunidade educativa. Non se nos ocorreu mellor maneira que a música para darlle voz a este día tan especial!

Podedes velos todos no blog da biblioteca, clicando na seguinte imaxe:

Moi feliz día!

Celebrando o Entroido 2021

Onte, venres 12 de febreiro, celebramos o entroido.

Os nenos e nenas viñeron con todo tipo de disfraces, comeron orellas, e disfrutaron deste entroido tan atípico.

Mandas do meco 2021

Comeza o entroido no cole!

Para celebralo o meco déixanos as súas mandas para a semana.

Luns:

Se a terra queres coidar,

trae algo na cabeza para comezar.

Martes:

Comezamos a traballar,

algo reciclado no pescozo deberás colgar.

Mércores:

Que boa maneira de reciclar,

un zapato de cada cor has de calzar.

Xoves:

Aínda que en pixama debes vir,

non te durmas! O coidado do planeta debes seguir.

Venres:

Como este é o último día,

disfrázate do que queiras, dá renda solta á túa alegría!

Día da Paz 2021

O venres 29 celebramos no cole o Día da Paz e da Non Violencia. 

Xuntámonos no patio cuberto (mantendo as distancias), e escoitamos o manifesto que prepararou o alumnado de 6º, e que leron Martín, Bea e Paula.

A continuación, bailamos ao son do Baile da Paz, de Mamá Cabra.

 

 

Píldoras de nadal 2020

Aquí podedes ver os vídeos feitos por cada unha das aulas. Clicade na imaxe:

Felices Festas! 2020

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Reboreda

deséxalles un Bo Nadal e un Feliz Aninovo.

Reboreda, decembro 2020.

Suxerencias lectoras para este Nadal 2020

Estimadas familias:
Un ano máis e coma ven sendo habitual nos últimos anos, enviamos as suxerencias lectoras elaboradas polo equipo da biblioteca para este nadal. Ide ao enlace para acceder as mesmas, se premedes en cada portada tedes máis información:
 

Suxerencias lectoras

 
FELIZ LECTURA A TODXS!!

II Festival de Curtas de Medo. 2020

Premendo na seguinte imaxe poderedes ver as curtas participantes no festival... se vos atrevedes...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut