Skip to Content

OBRADOIRO ABALORIOS DE CINE

Neste obradoiro os rapaces e rapazas do centro, consolidan o aprendizaxe do obradorio anterior, creación de pulseiras.

Utilizan as pulseiras para facer diferentes complementos, nesta ocasión un chaveiro, na que dan renda solta a creatividade utilizando diferentes elementos materiais, no que, o eixe principal é a realización da pulseira con diferentes tipos de nudos, esta técnica e coñecida co nome de MACRAMÉ.

 

 

 

 

MEMORIA DO PROXECTO OBSERVA ACCIÓN

Este ano estamos participando nun proxecto moi interesante que se chama Observa Acción.

O proxecto pretender mellorar a nosa práctica educativa a través da observación do traballo do resto dos mestres, tanto do noso centro coma de outras centros de Galicia, nacionais e internacionais.

Acabamos de rematar a primeira fase onde o profesorado estivemos facendo observacións no noso centro. Fixemos parellas e estivemos observándonos nas aulas. Foi unha experiencia fantástico onde aprendemos moitas cousas.

Agora que rematamos a primeira fase, aproveitamos para compartir a memoria desta primeira etapa.

Premede na imaxe para poder vela.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

Estimadas familias,

entre o 1 e o 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión de alumnado para o curso 2023/24.

Tal como aparece publicado no PORTAL DA CONSELLERÍA:

"Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2023/24, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo [...], así como para aqueles alumnos [...] que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño [...].


Presentación de solicitude de praza:

Prazo: Do 1 ao 20 de marzo.

Mediante o Modelo ED550B, que se pode solicitar no centro ou descargar da páxina da consellería.


Publicación das listaxes provisionais:

Prazo: Antes do 25 de abril.

Publicarase nos taboleiros interiores do centro.


XOGANDO CO CORPO

   Xogamos co corpo, é un taller de xogos dramáticos. Este obradoiro é como un entrenamento previo a actuar, teatral.... Hai caldeamentos que o que fan é preparar o corpo para poñerse en acción, hai varios xogos de desinhibición, colaborativos para soltar a imaxinación, xogos de desprazamentos para usar diferentes partes do corpo para afrouxar.

Este obradoiro remata con dúas escenas.

A primera, é a partir dunha imaxe que elixen, unha escena muda. Realízase en grupos.

A outra escena que teñen que crear é a partir de consignas. Estas consignas indícalle un espazo, uns personaxes, unha frase feita que teñen que encaixar e un suceso ou acontecemento.

PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2023-2024

Estimadas familias;

Adxuntamos no seguinte arquivo pdf as prazas vacantes para o vindeiro curso 2023-2024

CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz. Nesta ocasión, entre outras actividades, realizamos unha serie de xogos cooperativos todo alumnado e mestres do centro, e o visionado dun video gravado previamente polo alumnado, baixo o tema musical a "Vida é Bela".

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2022

Estimadas familias;

Xa temos data para a XORNADA DE PORTAS ABERTAS para o novo alumnado do curso 2023-2024.

 

Data é o 24 de febrerio en horario de mañá ás 10:30 horas.   (VER ARQUIVO ADXUNTO)

 

Se algunha familia interesada non puidese acudir a esta xornada, pode concertar unha cita nos teléfonos do centro  886110662-63 ou no correo electrónico ceip.reboreda @edu.xunta.gal e recibirémolos gratamente.

 

O equipo

VENRES DE OBRADOIROS

Xa estamos de volta este segundo trimestre con novos obradoiros.

Comezamos co obradoiro que leva por título Pensamento Creativo, onde os alumnas e alumnos do centro ensínannos que a través de diferentes materiais e usando a creatividade pódense crear grandes cousas

XESTIÓN DE SOLICITUDES DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS PRAZO ABERTO DO 16 DE XANEIRO AO 6 FEBREIRO

ESTIMADAS FAMILIAS;

ACHEGAMOS TODA A INFORMACIÓN PARA A SOLICITUDES DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA.

TODAS A INFORMACIÓN PODEDES ATOPALA NO SEGUINTE ADXUNTO PDF

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 

Desde o equipo de biblioteca do centro, queremos deixarvos unha recomendacións lectoras para estas vacacións e desexarvos unhas Felices Festas

VER ADXUNTO

 

https://view.genial.ly/63a0e498beb20c0012fff0e6/interactive-content-a-arbore-dos-desexos

Distribuir contido


by Dr. Radut