Skip to Content

Educación Primaria

Centro Edixgal

O CEIP Plurilingüe de Reboreda forma parte, dende o curso 2019-2020 do proxecto de Educación Dixital E-dixgal.

Podedes atopar máis información sobre o proxecto clicando na imaxe:

Entradas e saídas, curso 21-22

O alumnado entrará ao recinto pola porta asignada a medida que chegue, e irá directamente á súa aula, onde o seu titor ou titora o estará esperando.

  • Educación infantil: accederán ao recinto polo portalón do patio cuberto, e ao centro pola porta de dito patio. (ruta verde).
  • 1ºB, 2º e 6ºA de educación primaria: accederán ao recinto polo portalón principal, e ao centro pola porta principal. (ruta vermella).
  • 1ºA, 3º e 6ºB de educación primaria: accederán ao recinto polo portal do patio superior, e ao centro pola porta de emerxencia da aula de informática. (ruta amarela).
  • 4º e 5º de educación primaria: accederán ao recinto polo portal da parte traseira do pavillón, e ao centro pola porta principal. (ruta azul).

Os pais, nais e titores legais non poderán acceder ao recinto, agás os de educación infantil.

Boletín informativo Curso 21-22


Podedes descargar o boletín premendo no arquivo adxunto.

RELACIÓN LIBROS DE TEXTO CURSO 2021/2022

Estimadas familias:

 

Un ano máis achegamos a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2021/2022.

 

 

Mensaxe de ánimo para a Fundación Menela

A Fundación Menela leva a cabo o proxecto Xacobeo Autismo. Un Camiño para todos., co que pretende:

    "dar a posibilidade a 20 persoas, con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e discapacidade intelectual asociada, de realizar un tramo do Camiño Portugués da Costa, en etapas adaptadas as capacidades dos participantes no proxecto."

Como parte do proxecto, invitan aos centros a "camiñar con eles".

Este ano, por mor da Covid, non é posible participar nesta xornada de convivencia. Por tanto, mandámoslles aos e ás camiñantes de Menela este vídeo de ánimo, con toda a nosa enerxía para que teñan un bo camiño!

Mobilízate pola selva!

Dentro deste proxecto do cambio climático, o alumnado de primeiro investigou sobre a importancia dos bosques.

Como parte da súa exposición, propóñennos axudalos a conseguir apadriñar un chimpancé na selva do Congo, a través da recolección de teléfonos móbiles antigos en desuso.

Os hábitats dos animais están en perigo.

Axudádenos nesta loita.

Documentos de interese para as familias. Curso 20/21

Deixámosvos aquí os documentos que os titores e titoras están a entregar nas reunións iniciais de titoría, por se alguén non pode vir ás mesmas.

AbalarMobil para as familias

Este ano, debido ás circunstancias causadas pola Covid-19, a vía de comunicación preferente entre o centro e as familias será AbalarMóbil.

Animámosvos a que vola descarguedes:

   


 

Máis de 50 anos crecendo xuntos

 NA SEGUINTE LIGAZÓN PODEREDES ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN E ACTIVIDADES QUE REALIZAN AS NENAS E NENOS NO CENTRO

 E TAMÉN EN INSTAGRAM

CONCURSO TEATRO RADIOFÓNICO

Xa coñecemos os gañadores e gañadoras do concurso de teatro radiofónico realizado o curso 2015-2016 e as alumnas e alumnos de 5ºA foron premiados!!!!!

Segundo a acta do xurado do I Premio de teatro radiofónico escolar, organizado polo SNL e a Radio Municipal de Redondela, os grupos premiados son os seguintes:

  • Premio á mellor dramatización radiofónica:

    Todo é un conto”, do CEIP Santo Paio de Abaixo

    Os vellos non deben de namorarse” (fragmento da Escena VII), do IES Pedro Floriani

  • Premio á mellor calidade lingüística:

    A aula de Tócame Roque”, do CPR Plurilingüe Vigo

    Os vellos non deben de namorarse” (dúas últimas escenas do 1º lance), do IES Mendiño

Distribuir contido


by Dr. Radut