Skip to Content

Actividades e conmemoracións

Dino Entroido no Cole

A semana que vén celebraremos o Entroido.

Estade moi atentos e atentas ás mandas do Meco, que este curso están relacionados co noso proxecto dos dinosauros ;)

Visítanos Sabela Lago

Non te extingas, namórate!

 As baleas celebran o día do amor 

Postal de Nadal 2021

No cole, ata os dinos celebran o Nadal!

Na entrada, dándonos a benvida cada día, atopámonos con estes enormes dinosauros, chegadiños do xurásico!

No cole, ata os dinos celebran o Nadal!

Lecturas recomendadas para Nadal

Este ano polo Nadal, libros que non falten!

Clicade na imaxe para aceder ás nosas recomendacións navideñas:

 

Chega o Nadal ao cole!

Celebramos o Magosto e o Samaín. 2021

O xoves 28 e o venres 29 de outubro celebramos no colexio o magosto e o Samaín. 

Xoves asamos as castañas que trouxeron os nenos e nenas de infantil e os primeiros cursos de primaria, coa leña que trouxo o alumnado de quinto e sexto.

O profe Guillermo veu de visita, e xunto co profe Esteban prepararon unhas castañas moi saborosas, que comemos nos distintos patios.

Venres, viñemos disfrazados para celebrar o Samaín, a antiga celebración celta que está na orixe do actual Halloween. 

Reboraina XXII

O venres 21 de maio, e como parte da Semana das Letras Galegas,

celebramos a vixésimo segunda edición do Concurso da Reboraina.

Co seguinte vídeo queremos compartir coa comunidade educativa este evento ao que, por mor das circunstancias actuais, non puidéchedes asistir.

Noraboa a tódolos gañadores e gañadoras, e grazas ao alumnado de 3º a 6º de primaria e de secundaria por participar.

Ide argallando ideas para a edición do ano que vén!

Distribuir contido


by Dr. Radut