Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE O FONDO DE LIBROS

Bo día,

Comunicamos que a partir de mañá, martes día 2 de xullo, podedes consultar a resolución provisional do fondo de libros. Estas listas poderanse consultar nos taboeiros do centro ou chamando aos teléfonos do centro en horario de mañá ( de 9:30 a 13:30), 886110662 / 886110663

Ábrese un plazo de reclamación de dous días ( 2 e 3 de xullo) e o xoves 4 sairán a listas definitivas.

En canto aos vales de libros e material, podedes pasar a recollelos dende mañá ata o día 5 de xullo. Os que non poidan durante estes días, poderán recollelos no mes de setembro.

 Un saúdo,

O equipo

REVISTA BOLBORETA

 

Un ano máis xa tedes a vosa disposición a revista Bolboreta.

Bo verán!

LIBROS DE TEXTO 2024-2025

Estimadas familias: 

 

Xa tedes á vosa disposición no arquivo adxunto a listaxe de libros  para o vindeiro curso 2024-2025. 

 

Un  saúdo

 

O equipo.

MATRÍCULA 2024-2025

MATRÍCULA 2024-2025

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Familias; 

 

Mañá 21 de maio ata o 21 de xuño inclusive, ábrese o prazo para solicitar o fondo solidario de libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en 3º-4º-5º-6º de educación primaria. O alumnado de 1º e 2º só pode solicitar ou material escolar.

 

Adxuntamos os anexos correspondentes que podedes descargar na páxina da Xunta no apartado de admision alumnado ou recollelos no centro escolar.

 

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

PUNTO LARANXA

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E O CIBERACOSO ESCOLAR

 

O noso centro xa dispón do "Punto Laranxa"

 

 

O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso non centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

 

COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA?

Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo!

1. Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a

2. Localiza o Punto Laranxa no teu centro.

3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no teu centro).

 

 

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN 2024

Estimadas familias;

 

Todas as solicitudes de admisión presentadas no centro  para o curso  2024-2025 teñen praza.

 

Un saúdo

 

O equipo

ADMISIÓN 2024

Estimadas familias; 

 

 

Lembramos que o prazo de admisión 2024 remata o día 20 de marzo.

 

 

 

 

 

Un saúdo

O equipo

SOLICITIDES ADMISIÓN 2024-2025

No mes de marzo comeza o PERIODO DE ADMISIÓN  para o vindeiro curso 2024-2025

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

PRÓXIMA APERTURA DO:  1 DE MARZO AO 20 DE MARZO

 

 

 

 

TODA A INFORMACIÓN NA PÁXINA WEB :

 www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

X CERTAME DE RELATO CURTO

Estimadas familias, 

Gustaríanos animarvos a que participedes neste edición de relato curto, unha gran oportunidade para deixar voar a vosa imaxinación a través da escritura.

Podedes atopar as bases de participación neste enlace

https://www.nontedurmas.org/concursos-e-certames/x-edicion-do-certame-de-relato-curto/

 

 

IMG_3694 (2).jpg
Distribuir contido


by Dr. Radut