blogue deadmin

Elaborando o Maio todos xuntos

Se pinchades enriba da imaxe veredes as fotos do proceso de elaboración do Maio.

Esta fermosa obra de arte do noso alumnado foi posible gracias á colaboración e o traballo en conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias e ANPA ) deste centro así coma de membros da asociación de veciños do Casco Vello que tódolos anos veñen axudar.

 

Día das LETRAS GALEGAS 2024

O videiro 15 de maio convidámosvos a celebrar connosco o festival das Letras Galegas.
Esperámosvos!

 

 As portas abriranse ás 12:30 horas.

O noso Maio

Hoxe empezamos co Maio gracias á colaboración das familias que aportaron moitísimos

elementos naturáis

 

.

 

Este é un traballo de todo o alumnado, así que hoxe 5º traballou con 1º facendo as guirnaldas de cocas

 

6º traballou con 2º terminando as guirnaldas de cocas e facendo as de ovos .

 

 

 

 

 

 

 

 

A nova imaxe dixital de Nino

Nino quixo adaptarse aos novos tempos e cambiar a súa imaxe, así que lle pediu axuda a Rubén e esta é a súa nova imaxe dixital.

 

 

 

 

 

Grazas Rubén pola túa colaboración

 

 

 Tamén hai a versión boneco que trouxo Sara

Os Maios

As "Festas dos Maios" celébranse ao final do inverno e a chegada da primavera coincidindo co inicio do quinto mes do calendario. 

 Tal coma vos adiantamos no Abalar enviado, o venres 26 de abril, este ano imos construír o noso propio Maio.

Os "maios" son figuras de madeira adornadas con froitos e flores, por iso,  necesitamos fiuncho, laranxas, limóns, cocas, cáscaras de ovos  (deben estar vacías pero o máis enteiras posible) e flores. 

Necesítanse estes elementos de decoración pero nestas datas para evitar que se estropeen:

 Días 8 e 9: fiuncho, laranxas, limóns, cocas e cáscaras de ovo limpas e enteiras

O día 10 : as flores

 Para todos aqueles que non saibades os que son as cocas aquí tedes unha imaxe.

 Aquí tedes un vídeo da celebración desta festa no Casco Vello de Vigo

 

 

 

 

 

 

Os Maios

Tal como vos adiantamos  atrave

 

É unha fermosa celebración pagá, que traslada ás pedras centenarias do barrio histórico de Vigo o costume dos nosos antepasados de invocar aos deuses para pedir boas colleitas. O rito agrario para favorecer a fecundidade da terra facíase a través dos maios (vistosas representacións florais naturais), a música e a poesía (Vía Web Concello de Vigo, para máis información https://www.turismodevigo.org/gl/festa-dos-maios

Badminton

Tivemos unha xornada de convivencia coa excusa do badminton. Estivemos no IFEVI con alumnos e alumnas de outros centro de Vigo xogando uns partidos de badminton. Moi divertido

 

Programación Educación Física

Clica neste enlace para coñecer a Programación de Educación Física

Powered by Drupal - Design by artinet