O venres 14 de xuño o segundo ciclo visitou a illa de Cortegada, espazo protexido pertencente ao Parque Nacional das illas Atlánticas,paseou no tren turístico polas rúas de Vilagarcía e desfrutou dun pequeno baño na súa praia.
107 ficheiros, último engadido a xun 15, 2019 Álbum visto 48 veces
O 27 de maio o alumnado de terceiro curso desfrutou dun contacontos, impartido por Raquel Queizás, moi instrutivo e divertido sobre a diabetes e como debemos actuar en casos concretos para axudar aos compañeiros ou compañeiras que padecen diabetes.
21 ficheiros, último engadido a mai 29, 2019 Álbum visto 5 veces
O 24 de maio, Montse Rivera achegouse ao noso cole para facer lembranza de Antón Fraguas e o seu libro sobre o traxe galego.
Aprendemos o nome das distintas pezas da roupa, como se vestian e cando se utilizaba un tipo de traxe ou outro ( de festa ou de traballo) Foi unha actividade dirixida ao alumnado do segundo ciclo e resultou moi interesante!
30 ficheiros, último engadido a mai 29, 2019 Álbum visto 12 veces