Skip to Content

Excursión ás Rias Baixas

O mércores 22 de maio, o alumnado de cuarto, quinto e sexto de educación primaria, realizou unha visita cultural ás Rías Baixas, con paradas en Carri, Vilagarcía, Vilanova de Arousa, onde visitamos a casa de Valle-Inclán, a Illa de Arousa, a Lanzada, Sanxenxo...

Aprendimos, pasámolo ben  e o tempo acompañou. Que máis se pode pedir?

Webquest dos alumnos de 2º

Aquí deixamos unha webquest que traballamos os alumnos de 2º sobre o arquitecto barcelonés Antoni Gaudí

https://sites.google.com/site/ascoresdegaudi/

Doces Letras Galegas!

Estamos na Semana das Letras Galegas dedicadas este ano a Roberto Vidal Bolaño; e unha das iniciativas máis sorprendentes foi este delicioso agasallo que nos trouxeron. Velaquí tedes a testemuña gráfica, porque co sabedeiro que é, outra pegada non ides atopar...

Galleta Vidal Bolaño

Listaxe provisional de alumnas e alumnos admitidos para o ano 2013/2014

Educación Infantil de 3 anos (4º de Ed. Infantil)

  1. Abuín Trigo, Aroa
  2. Bralo Horta, Diego
  3. Busto ARes, Mateo
  4. Ces Rivas, Aroa
  5. Díaz Nieto, Noa
  6. Fabeiro Vázquez, Uxía
  7. Fernández Sayanes, Sebastián
  8. López Pardal, Nayra
  9. Mouriño Agrafojo, Unai
  10. Pardal Tajes, Brais
  11. Picallo Alonso, Laura
  12. Rodríguez Pena, Brais
  13. Salgueiros García, Xoel
  14. Vázquez García Lucía
  15. Vázquez Vázquez, Leonor

 

4º curso de Educación Primaria

  1. Peraza González, María Fabiola

Desde Urdilde para Níxer

Ligazón á páxina de Unicef na que se fai referencia á participación do noso colexio na Carreira solidaria "Gotas para Níxer"

Enredate

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2013-2014

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO, CURSO 2013/2014

 

INFORMACIÓN

1.- O proceso de admisión de alumnado para o próximo curso escolar rexerase polo disposto na Orde de 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo).

2.- Os postos escolares ofertados para o vindeiro curso neste centro son os seguintes:

  • Educación Infantil: 3 prazas para alumnado con Necesidades Educativas Especiais no nivel de 3 anos, e 17 plazas ordinarias nos niveis de 3, 4 e 5 anos.

  • 1º educación primaria: 3 prazas para alumnado con NEE e 14 ordinarias.

  • 2º educación primaria: 7 prazas.

  • 3º educación primaria: 15 prazas.

  • 4º educación primaria: 11 prazas.

  • 5º educación primaria: 13 prazas.

  • 6º educación primaria: 10 prazas.

3.- O prazo de presentacióndas solicitudes de admisión comprenderá do 5 ao 17 de abril de 2013, ambos inclusive.

GRAZAS A TOD@S!

Xustificante ingreso

 

Moitas grazas a tod@s; co voso esforzo na carreira solidaria e coa vosa aportación desinteresada fomos capaces de xuntar 947,53€ gotas de auga para Niger. Outra vez grazas, sen a vosa colaboración non o teriamos conseguido.

AS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS FALAN COS NENOS DO COLEXIO POR VIDEOCONFERENCIA

O pasado 19 de decembro, as SS MM os Reis Magos contactaron coas nenas e nenos do Colexio de Urdilde por medio de videoconferencia. Durante o encontro virtual, os Reis escoitaron as peticións dos máis pequenos, que agardan a noite do 5 de xaneiro con impaciencia.

Calendario Escolar curso 2012-13

No D.O.G. de data 22 de xuño de 2012 publícase a Orde do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o
curso 2012/2013 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

As actividades lectivas comezarán o día 12 de setembro de 2012 e rematarán o 21 de xuño de 2013. O mesmo día de comezo das actividades lectivas empezará o servizo de Comedor Escolar.

Períodos de vacacións:

  • Nadal: desde o día 22 de decembro de 2012 ata o día 7 de xaneiro de 2013, ambos os dous inclusive.
  • Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o 1 de abril de 2013, ambos os dous inclusive.
  • Entroido: días 11, 12 e 13 de febreiro de 2013.

Días non lectivos:

  • Día do Ensino: 2 de novembro de 2012.
  • Día de San Isidro, (15 de Maio) festa local no concello de Rois.
  • Un día a decidir polo Centro con autorización da Consellería de Educación.

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2012-2013

Informamos que resultaron admitidas todas as persoas que presentaron a correspondente solicitude de admisión para o vindeiro curso escolar.

A partir de principios de xuño poñerémonos en contacto para solicitar a documentación precisa.

Distribuir contido


by Dr. Radut