A nosa historia

A nosa historia

Etiquetas :

O 26 de xullo de 1976 os reis de España inauguraban as instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe acompañados do daquela presidente da Deputación, José Luís Pelaez Casalderrey, de funcionarios e numeroso público. As novas instalacións solucionaban así un problema existente desde había anos: a falta de espacio para lles prestar unha asistencia infantil adecuada aos nenos, nenas e mozos/as do Fogar provincial.

Despois de seis anos de duro traballo, a primeiros de setembro dese ano, a institución empezou a funcionar cos nenos do Fogar provincial e do Colexio de xordomudos da Lanzada. O vello edificio do ex-convento de xesuítas deu paso a unhas novas edificacións adaptadas ós novos tempos, con capacidade para máis de 200 rapaces e rapazas.

Hai pouco modernizáronse as instalacións e actualmente forman a cidade unidades pequenas nas que se distribúen todos os nenos e nenas, co fin de que poidan levar unha vida máis familiar e unha atención máis personalizada.

Nestes momentos, o conxunto de instalacións que forman parte da Cidade Infantil son:

- O Centro de Primeira Acollida
- O Centro infantil (maternais)
- O Centro Agarimo
- O Centro infanto-xuvenil 'Escola-Fogar'
- A Residencia Xuvenil
- O Centro de día
- A Escola infantil

A maiores, a Cidade Infantil conta con dous colexios: o CEIP Príncipe Felipe e o Colexio de Educación Especial Príncipe Felipe; ademais do IES Fogar Provincial e a Escola de Hostalería.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design