Complementarias, 5º Curso, 6º Curso, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, Ed. física, Idioma estranxeiro, Educación Infantil, Educación Primaria, 3º Ciclo, 1º Ciclo, 2º Ciclo

CAMPAÑA SENSIBILIZACIÓN PERSOAS XORDAS

Etiquetas :

Onte veu ao noso cole Camilo, unha persoa xorda que nos explicou como é a súa vida nesta sociedade pensada sobre todo por persoas oíntes. Os nenos e nenas aprenderon moito e pasarono moi pero que moi ben.

(Temos un problema para cargar as fotos, pero en canto o solucionemos poderedes velas aqui, disculpen as molestias)

@S NOS@S NEN@S NA RADIO

Etiquetas :

O alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria participou na campaña que realizan Onda Cero e Antena 3: O Estirón.

Por este motivo, Onda Cero trasladouse onte ata o noso centro para entrevistar a estes nen@s e coñecer o traballo que realizaran en relación ao deporte e aos habitos de alimentación saudables.

Hoxe poidemos escoitar o programa en directo! QUE TI NON O ESCOITAHCES?? Non te preocupes! Aqui te deixamos o enlace para que poidas escoitalo todas as veces que queiras!

 

http://www.ondacero.es/emisoras/pontevedra/

SEMANA DO LIBRO

Etiquetas :
23/04/2012 00:15
27/04/2012 14:15

NA SEMANA DO 23 AO 27 CELEBRAREMOS A SEMANA DO LIBRO CON DIFERENTES ACTIVIDADES:

- Feria do libro

- Obradoiro de marcapáxinas

- Intercambio de contacontos entre ciclos

E máis sorpresas que xa os desvelaremos como... A VISITA DUN ESCRITOR!!

Visita da policia

Etiquetas :

O venres día 11 do 11 do 2011 (que data tan divertida) os alumnos e alumnas do primeiro nivel do segundo ciclo, é dicir, de 5º, recibiron a visita dun Policía na aula. Este explicoulles en que consistía o seu traballo e prometeulles que a próxima visita a farían os nosos alumnos/as nas  súas instalacións. Así que xa sabedes! dentro de pouco iremos de visita á Policía!

El gusanito que quería volar

Etiquetas :
10/05/2010 12:00
10/05/2010 12:50

Gordiño é un verme de seda que aínda non sabe que un día poderá voar, que é xustamente o que máis desexa.

El gusanito que quería volar é unha obra de Gurdulú Teatro pensada para os nenos e nenas máis pequenos/as.

Asistirá o alumnado de Ed. Infantil.

El Niño Colchón

Etiquetas :
20/04/2010 12:00

Obriña de teatro de 60 minutos que conta a historia da familia de Juan, que comeza no momento en que os pais lle din que se van separar.

Terá lugar no Centro Social Caixanova e asistirán os nenos e nenas de 3º e 4º curso.

Os Instrumentos da Orquestra

Etiquetas :
18/03/2010 12:00
18/03/2010 13:00

Os instrumentos da Orquestra é un espectáculo musical e teatral de 60 minutos que forma parte dun ciclo que leva dende 1997 achegando a música aos nenos e nenas do 3º Ciclo de Ed. Primaria.

Terá lugar no Centro Social Caixanova da cidade de Pontevedra.

El Gato Manchado

Etiquetas :
11/03/2010 12:00
11/03/2010 12:50

El gato manchado é unha obriña de teatro feita por El Retablo Teatro de Títeres, que nos conta a historia dun gato malo, egoísta e solitario que aprende os valores da amizade e o  cariño grazas a unha andoriña.

Terá lugar no Centro Social Caixanova da cidade de Pontevedra.

Asistirá o alumnado do 1º Ciclo de Ed. Primaria (1º curso e 2º curso).

El Planeta del Tesoro

Etiquetas :
22/02/2010 12:00
22/02/2010 13:30

Película de 90 minutos que se proxectará no Centro Social Caixanova da cidade de Pontevedra.

Asistirá o alumnado do 2º Ciclo de Ed. Primaria (3º curso e 4º curso).

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design