Recomendámosche
XA VEÑEN OS MAIOS ...!!!
Enviado por mar o Lun, 28/04/2014 - 06:02Xa veñen os maios queremos contar
as cousas que este ano
están a pasar.
Os maios, os maios,
a piques de chegar
son divertidos
e dan que falar.
Os de 5º e 6º
queremos viaxar
visitar Madrid
e na Warner disfrutar.
Tamén ir ao zoo
os museos visitar
durante os tres días
e pola noite descansar.
Este curso o Princesa
xa foi pintado,
levaba 30 anos
Sen ser retocado.
As paredes do cole
os profes están a pintar
menudos Picassos
Cando rematarán?
Levan dous anos
pintando no paredón
Ai de nós! Se tardamos tanto
en aprender a lección.
A porta do patio
non queren abrir
déixannos mollar
e fannos sufrir.
No castelo de Monterrei
queren facer un hotel,
xa temos un parador
e nadie o quere coller.
Non queremos hotel
no castelo
é un monumento
e defendémolo
neste momento.
No concello de Verín
loitamos polo castelo
e non queremos
que nel fagan un hotel.
No castelo queren
facer un hotel
para que o alcalde
coma o pastel.
Un hotel non queren
no noso castelo
por iso que esperen
a que as rás críen pelo.
O entroido este ano
estivo mollado
disfrazámonos de esquimós
e levamos
un peixe dourado.
O desfile dos colexios
tivo cor e alegría
os alumnos e alumnas
cantamos todo o día.
Con tanta auga
aparecen o charcos
e con tantos charcos
a beleza dos maios.
Na bonita primavera
medran moitas frores
gústame a natureza
con tantas cores.
Cada vez máis
nos está a afectar,
o cambio climático
pois témolo que solucionar
ou será dramático.
En España non hai traballo
pois acaban de estudar
por iso creo que hai un fallo
nos que están a gobernar.
En España o presidente
di que non hai probeza
parece que ten deterxente
nesa pobre cabeza.
En que cabeza cabe
o do avión que se perdeu
pois ninguén sabe
onde desapareceu.
As escolas deportivas de Verín
fan que a miúdo
sexas feliz alí podemos xogar
e na casa non molestar.
No colexio estamos
porque non podemos xogar
oblígannos a estudar
e sempre nos queren castigar.
Os nenos e nenas
gústanos xogar e cantar
mentras as mestras
lles gusta mandarnos estudar.
No colexio os profes
deberes nos poñen
no colexio os profes
partes nos poñen.
A profe Carmen
xoga ao brilé
e faino tan ben
que vai torcer un pé.
A profe Montse
moitos deberes pon
e se non os fas
bótache un sermón.
De Ourense vén
a profe Cristal
un tacón non ten
e acabou no hospital.
Esta mañá cediño
Cantaba unha codorniz
e no seu canto dicía
que o pases moi feliz.
A Verín vide
ver acudide coma raios
pois vamos poñer
na nosa praza os maios.
OS ALUMN@S DE TERCEIRO DE PRIMARIA , VISITAN A RECÉN INAUGURADA BIBLIOTECA ESCOLAR !!!!
Enviado por conchi o Dom, 21/10/2012 - 19:00LETRAS GALEGAS 2012
RECOMÉNDOVOS VISITAR ESTA PÁXINA PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/edlg/letrasgal2012/lettrasgal2012.htm
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013 ADICADO A ROBERTO VIDAL BOLAÑO
LETRAS GALEGAS 2013
https://sites.google.com/site/robertovidalbolano/
http://www.realacademiagalega.org/letras-actual
http://robertovidalbolano.org/
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RobVidal
http://es.wikipedia.org/wiki/Roberto_Vidal_Bola%C3%B1o
http://www.coordinadoraendl.org/letras2013/materiais.php
LETRAS GALEGAS 2012
http://seminariogalan.org/inicio/portada
http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/edlg/letrasgal2012/lettrasgal2012.htm
http://www.webdenorberto.com/recursos/letrasgalegas/homenaxe.htm
http://www.valentinpazandrade.es/
http://www.xunta.es/linguagalega/espazo_web_valentin_paz_andrade
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/437
http://gl.wikipedia.org/wiki/Valent%C3%ADn_Paz-Andrade
http://www.youblisher.com/p/282161-Breve-Antologia-Poetica-de-Valentin-Paz-Andrade/