Skip to Content

Secretaría

Fondo Libros 2016/2017 e axudas de material

FONDO DE LIBROS DOS ALUMNOS DE TERCEIRO A SEXTO:

Publicada a Listaxe provisional sobre o reparto do Fondo de Libros entre os alumnos de 3º a 6º de Primaria. Poden realizarse reclamacións dentro das seguintes 48 horas.

En 48 horas se publicará a listaxe definitiva.

Todos os que presentaron a solicitude están admintidos.

Os que aparecen nesta listaxe reciben os libros que se indican do fondo preexistente no centro.

Relación de Libros de Texto. curso 2016/17

No ficheiro adxunto tedes a relación de libros de texto para o curso 2016/2017

Antes de mercar nada falade co colexio.

A lista de material darase en principio de curso.

Os alumnos de 5º e 6º non usarán caderno por asignatura senón unha carpeta clasificadora de anillas tamaño A4 para todas as áreas.

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017

Prazo de presentación de solicitudes ata o 23 de xuño.

Condicións:

Obriga de devolver en bó estado os libros deste curso 2015/16 (a excepción de 1º e 2º). Non cumprir esta norma é causa de exclusión.

Renta:

Para 3º, 4º, 5º e 6º: Os libros deste curso asignaranse por orde inversa á declaración da renda de 2014.

Rematados os libros, o centro adquirirá:

Para rentas per cápita inferior a 5400 euros: 6 libros de texto.

Para rentas per cápita entre 5400 e 9000 euros: 4 libros de texto.

Libro de Principio de curso

Aquí tedes á vosa disposición o libriño de principio de curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut