PRAZO : do 1 ao 20 de marzo de 2023
FORMAS : Pódese facer a través dun dos seguintes medios :
- Aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
- Presentando a solicitude no centro de primeira opción (Unha única solicitude, na que se poden pór ata 6 centros por orde de preferencia) - Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, esta será vinculante).
DOCUMENTACIÓN :
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando se denegue a súa consulta na propia solicitude.
- Documento acreditativo do requisito de idade do/a alumno/a (Libro de familia)
- Certificado oficial do expediente académico, se é o caso.
- Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, se é o caso.
BAREMACIÓN :
- No caso de que se presenten máis solicitudes que prazas vacantes, procederíase á baremación das solicitudes nos 10 días hábiles contados a partir dos dous seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes (21 de marzo ao 3 de abril).-
CONSULTA :
- O centro publicará as listaxes de admitidos/non admitidos :
- Listaxes provisionais : antes do 26 de abril (Reclamación: 5 días hábiles a partir da publicación).
- Listaxes definitivas : antes do 25 de maio.
SOLICITUDE :
- Solicitude de admisión (Formulario ED550B)
- Será facilitada gratuítamente :
- Nos correspondentes centros escolares
- Na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados)
- Na aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
- Nesta páxina web (Ao final deste texto poderedes descargar a solicitude en pdf)
NORMATIVA : Se precisades de información máis polo miúdo, poderedes descargar nesta páxina toda a normativa que regula o proceso de admisión en centros públicos, que é a seguinte :
- Decreto 13/2022 de 3 de febreiro
- Orde do 21 de outubro de 2022
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Sltde. Admisión ED550B-G.pdf | 1.38 MB |
Sltde. Admisión ED550B-C.pdf | 1.38 MB |
Orde 21.OUT_.22.pdf | 1.6 MB |
Decreto 13-2022, 3.FEB_..pdf | 545.72 KB |
Vacantes 23-24.pdf | 47.15 KB |
zonificación PONTEVEDRA.pdf | 1.34 MB |