Skip to Content

SITUACIÓN ACTUALIZADA

Situación actualizada no CEIP Praza de Barcelos

(Actualizado a 15/05/2020)

Teléfono do centro: 886 15 15 67

Correo electrónico: ceip.praza.barcelos@edu.xunta.gal

 

TERCEIRO TRIMESTRE

Os contidos que se impartan por vía telemática serán evaluables pero únicamente para mellorar a

nota de trimestres anteriores, nunca se terán en conta negativamente.

A administración aínda non pechou os detalles de tódolos aspectos deste trimestre, actualizaremos

a información tan pronto como teñamos novidades.

Contade co centro para axudar na medida do posible o alumnado. Somos conscientes de que a

situación de cada familia é diferente; a prioridade está nos nenos.

Seguimento do alumnado.

Titorías

As titorías están dispoñibles como sempre. Por favor solicitade ó voso titor vía correo electrónico, Abalar móvil ou teléfono. No caso de non ter resposta do titor, contactade directamente co centro no seu número  986 15 15 67 ou polo correo de dirección ceip.praza.barcelos@edu.xunta.gal

Departamento de orientación

Se precisades axuda, non dubidedes en contactar co departamento de orientación

https://orientacionceipbarcelos.blogspot.com/

Grupos

O profesorado comunica e publica as tarefas por diferentes medios: blog de cada grupo, blog das

especialidades, correo electrónico, Abalar, plataforma EDIXGAL, mesaxería electrónica (i.e.

WhatsApp) ou o que sexa necesario.

Atención aos departamentos comúns que teñen un blog dedicado:

- Música: https://acaixademusica1.blogspot.com/

- Equipo de normalización: http://enlbarcelos.blogspot.com/

- Departamento de orientación: https://orientacionceipbarcelos.blogspot.com/

- Biblioteca: http://enredandoentrecontos.blogspot.com/

 

Se desexan comunicar algo, por favor contacten, en primeiro lugar, co titor ou titora. En caso

de ausencia de resposta, contactade coa dirección do centro na dirección ceip.praza.barcelos@edu.xunta.gal

 

Mails de contacto dos titores de cada curso:

4o EI A- Oliveira Varela, Laura: lauraoliveira@edu.xunta.gal

4o EI B- Aller Longueira, María Jesús: chusalong@edu.xunta.gal

5o EI A- Iglesias Rodríguez, Carmen: cirodriguez@edu.xunta.gal                                                       

5o EI B- Justo Rodríguez, Guadalupe: lupejusto@edu.xunta.gal

6o EI A- García Padín, Alicia: agpadin@edu.xunta.gal

6o EI B- Deán Castelo, Noa: noa.dean@edu.xunta.gal

1o A- Barros Castro, Rosana: rosanabarros@edu.xunta.gal

1o B- Pérez Outeda, Zaida: zperezouteda@edu.xunta.gal

2o A- Ferrer Arambarri, María Isabel: isaferrer@edu.xunta.gal

2o B- Sánchez Chao, María Milagrosa: mschao@edu.xunta.gal

3o A- Gómez Otero, María del Carmen: gomezotero@edu.xunta.gal

3o B- Cristina Barreiro Noguerol: crisbanogue@edu.xunta.gal

4o A- Álvarez Viéitez, José Carlos: javieitez@edu.xunta.gal

4o B- Fernández López, Justo: justo@edu.xunta.gal

5o A- Cabanelas Lorenzo, María Beatriz: cabanelaslorenzo@edu.xunta.gal

5o B- Fernández Rodríguez, María Teresa: teresafernandez@edu.xunta.gal

6o A- Quintáns Abal, Rosa: rquintans@edu.xunta.gal

6o B- Rodríguez Pequeño, Alexia: aprodriguez@edu.xunta.gal

6o C- Rego Fernández, Adrián: adrianrego@edu.xunta.gal

 

Solicitudes de admisión.

(a día de hoxe non hai nada novo)

O procedemento para a solicitude de praza no ceip praza de Barcelos será do 11 ao 18 de maio.

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros

docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de

alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes. O

centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso,

«admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.

2. Novos prazos do procedemento.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo

común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á

metade.

b) Novos prazos do proceso:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño

de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles

contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de

2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

Libros do curso 2020-2021

A lista de libros para o curso 2020-2021 aínda non está dispoñible.



page | by Dr. Radut