Skip to Content

CEIP Portonovo

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2024/25

Estimadas/os nais/país titoras/es do alumnado do CEIP de Portonovo

Informámoslles de que queda aberto o prazo para a presentación da solicitude de participación no Fondo Solidario de Libros (3º e 4º de Educ. Primaria), Axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º de Educ. Primaria e en educación especial) e Axudas para adquirir material escolar (Educ. Primaria).

No curso 2024/2025 5º e 6º de Educ. Primaria estará incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) polo que está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto, non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na ORDE do 7 de maio de 2024 .

A solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro e estará dispoñible na páxina web do colexio http:www/edu.xunta.es/centros/ceipportonovo , ou ben no portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal/fondo libros e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED330B).

O prazo para presentar a solicitude rematará o 21 de xuño de 2024 (este incluído).

Forma de presentación.

Ademais da presentación presencial no centro (horario 9:00h. – 14:00h.), igual que no curso anterior, poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.

Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). 

 

Atentamente, O Equipo Directivo

 

Solicitude: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/231121791

Admisión curso 2024-2025 .Listaxe definitiva para o alumnado de 4º de Educación Infantil

A listaxe definitiva do alumnado admitido e non admitido estará dispoñible a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado e permanecerá exposta no taboleiro de anuncios do centro. (non hai ningunha variación coas listaxes provisionais)

 

Inpugnación das listaxes definitivas. As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorail, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO PARA 4º DE EDUC. INFANTIL. ADMISIÓN CURSO 2024/2025

Mañá 25 de abril estará dispoñible, no taboleiro de anuncios do centro, a listaxe provisional do alumnado admitido en 4º de Educación Infantil para o vindeiro curso 2024/2025.

As familias tamén poderán consultalas por vía electrónica: exclusivamente a través da aplicación informática admisionalumnado, sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO 4° DE EDUCACIÓN INFANTIL

AVISO IMPORTANTE:

Os postos escolares dispoñibles en admisión no centro para 4º de Infantil ( 3 anos) non son suficientes para atender todas as solicitudes, con tal motivo, LEMBRÁMOSLLES QUE DENDE HOXE E ATA O 5 DE ABRIL ESTÁ ABERTO O PRAZO para presentar de forma presencial no centro a documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados, para realizar á súa valoración e establecer unha orde de prelación.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

ven a coñecernos!!!


Coidando o noso horto

O alumnado de 5º de Educación Infantil contou cunha colaboración moi especial para o coidado do noso horto escolar, como podedes ver nestas fotos. Facede clic na imaxe para ver a galería.

Así dá gusto traballar!

Moitísimas grazas

Álbum: Sen categoría -> Coidando o noso horto 2023
Distribuir contido


by Dr. Radut