NOVAS DO CEIP EDUARDO PONDAL
Proxecto Combas
Nós tamén creamos
O alumnado de Educación Infantil participou na V edición do programa de dinamización lingüistica " Nós tamén creamos" da Secretaría Xeral de Politica Lingüistica coa curta de animación "Árbores no camiño" feita coa técnica do stop motion.
Deixámosvos o video da curta e o video de como o fixemos ( ambos foron presentados ao concurso) e pinchando na imaxe do cartel promocional da curta accedese a páxina web da CRTVG na sección infantil onde está publicado.
Inauguración da Bibliocrocaio
O vindeiro venres 23 de outubro inauguramos a BiblioCrocaio!!
Haberá moitas sorpresas.....
Saída fin de curso
Saída fin de curso
A piques de rematar o curso 2014/2015 fixemos a derradeira saída deste ano visitando ao Parque Forestal de Beade.
Deixamósvos o seguinte no que tedes un resumo da xornada:
Fin de curso
Día do patín 2015
Este curso os rapaces de quinto e sexto despedíronse das clases de E.F celebrando o Día do Patín. Trouxeron patines, patinetes, scooters, monopatíns... e entre todos compartiron, desfrutaron e pasáronno en grande como podedes comprobar no seguinte video !
n
cantigas tradicionais
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015
O pasado domingo 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas, o venres anterior no noso colexio fixemos diferentes actividades para celebrar tamén esta data tan importante para a nosa comunidade e para a nosa lingua galega.
Os nenos e nenas cantaron cantigas tradicionais, leron textos de Xosé Filgueira Valverde (escritor homenaxeado este ano) e sairon ao patio a ler contos en galego. Nos blogues da Bibliocrocaio e no dos Peques de Sampaio podedes atopar diferentes montaxes nas que veredes o que disfrutaron os rapaces.
Deixámosvos tamén o seguinte video para que comprobedes o ben que cantaron os nenos e nenas de Sampaio estas cantigas tradicionais que ben seguro que algunha coñecedes !!.
Día das Letras Galegas 2015
E este libro de quen vén sendo....?
Deixamos o seguinte pedazo de video que lle "roubamos" a Bibliocrocaio para celebrar o día das Letras Galegas o próximo 17 de maio. A mestra Angeles Saco nunca nos deixa de sorprender, grazas e noraboa polo fantástico video e polo bo traballo!
En galego falo
en galego leo
en galego escribo
George and the Dragon
O pasado 23 de abril celebramos o día do libro no colexio, tiñamos tantas actividades preparadas para facer na Bibliocrocaio que non tivemos tempo de poder ver este fermoso video que preparara a nosa teacher Marisol. Aquí o deixamos para que o poidades ver, está xenial !
11 de novembro: Día do Peón
Enviado por admin o Ven, 07/11/2014 - 13:14POLO SAN MARTIÑO,
PEÓNS AO CAMIÑO
Seguindo co proxecto anual da biblioteca o vindeiro martes 11 de novembro celebraremos o "Día do Peón" cunha exhibición de peonzas no patio.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
