En relación ao inicio de curso comunicamos que o equipo directivo está a traballar na elaboración dos protocolos coas novas normas e medidas seguindo as indicacións da Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade e que daremos a coñecer a partires de setembro coa finalidade de garantir a seguridade de todos os membros da comunidade educativa.
Asemade informamos que o curso de xeito presencial iniciarase o 10 de setembro.
Entre todos conseguiremos unha contorna escolar segura.