Skip to Content

Photocall 2019

Concerto de Nadal

No video deixámosvos o que foi o Concerto de Nadal 2019 celebrado na AAVV de Sampaio.

Obradoiro: Cantos e contos de Nadal

A Concellería de N..L a través do Servizo de Normalización Linguistica do Concello de Vigo trouxonos ao cole o obradoiro Cantos e contos de Nadal dado que antiguamente o Nadal era época de contar e cantar historiasao carón do lume da lareira. Coa finalidade de achegarnos a estas tradicións o Bardo Abelardo (Servando Barreiro) contounos e cantounos historias que xurden dos bosques , ríos e mares.

 

Mergúllate nun mar de Nadal

Dentro do P.D.I da biblioteca Mergúllate nun mar de contos a proposta de Nadal deste curso consistiu na realización de barcos con materiais de refugallo. 

E este foi o resultado:

 

Obradoiro:Descubrindo a electricidade con plastilina condutiva

A Concelleria de N.L a traves do servizo de Normalización Linguistica do Concello de Vigo trouxonos ao cole o obradoiro Descubrindo a electricidade con plastilina condutiva no que o alumnado de 5º e 6º de E.P aprendeu conceptos básicos de electricidade mediante a construcción de distintos tipos de circuitos electricos.

Inauguración da Biblioteca

Despois das reformas e das melloras levadas a cabo na biblioteca realizamos a súa inaguración coa presenza do Alcalde de Vigo Abel Caballero e o concelleiro de Cultura Abel Losada.

Nos videos deixámosvos recollido o acto de inaguración da BiblioCrocaio.

 

No telexornal de Televigo a partires do minuto 14:37

Vigo recicla con Dinoseto e Dinosetiño

O alumnado de 1º 2º,3º e 4º de E.P realizou un obradoiro de reciclaxe con Dinoseto e Dinosetiño coa finalidade de dar a acoñecer a importancia da xestión dos diferentes residuos.

Grand Prix Financieiro

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E.P asistiu ao Grand Prix Financieiro programa enmarcado dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de  Educación Universidade e Formación Profesional e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria S.A para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do impulso do espírito emprendedor, no marco do Plan Eduemprende.

O obxecto deste programa é desenvolver actividades e xogos para que o alumnado aprenda, dun xeito activo e en primeira persoa, as primeiras pautas de como adaptarse a un orzamento e a importancia do aforro na vida.

Distribuir contido


by Dr. Radut