Skip to Content

Información Importante

Os boletíns da 2º avaliación serán entregados telemáticamente a través da aplicación abalarMóbil o vindeiro venres 3 de abril.

Importante: É preciso ter instalada dita aplicación no dispostivo para poder acceder aos boletíns xa que este será o único medio de entrega.

Información Importante

 

Suspéndense as actividades léctivas desde o luns 16 de marzo durante 14 días naturais tal e como se establece nas Instruccións do 13 de marzo de 2020.

A titorización do alumnado realizarase cos medios non presenciais e telemáticos ( a través da páxina web, aula virtual do centro, blogs de aula e plataforma E-dixgal)

Desde aquí poderase acceder a información dispoñible e as propostas de traballo realizadas a través do apartado centralizado da web.

Admisión alumnado 2020/2021

NOVAS MATRÍCULAS NO CENTRO EDUCATIVO 

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 

 


 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

 

 

          

   

     

 Segundo o establecido na ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado as solicitudes de admisión poderán presentarse de forma telemática a partir do día 1 de marzo na aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e de xeito presencial no centro a partires do luns día 2 de marzo ata o día 20 de marzo.

Importante: Debido a que no noso centro o día 20 de marzo é día non lectivo as solicitudes poderán presentarse de xeito presencial ata o luns 23 de marzo

 

 

8 de marzo: Día Internacional da muller

Algunhas das actividades feitas no centro relacionadas con este día:

Exposición cultura africana

O alumnado de 1º. 2º, 3º e 4º de Educación primaria acudiu ao Museo Verbum para visitar a exposición sobre cultura africana.

24 de febreiro: Día de Rosalía

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía establecido no calendario do Libro e da Literatura coincidindo coa data de nacemento  da escritora. A  AELG propón neste curso  traballar as emigracións a través dalgún dos poemas desta autora.

Sementamos no horto

Aproveitando o bo tempo sementamos no horto do centro leitugas e amorodos.

 

Obradoiro O Merdeiro

A Concellería de N.L. do Concello de Vigo a través do Servizo de Normalización Linguística trouxonos ao cole o obradoiro de tradición cultural O Merdeiro para dar a coñecer entre os alumnos esta figura do Entroido Vigués.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut