Skip to Content

25 N: Día Internacional contra a violencia de xénero.

O 25 de novembro conmemorase o "Día Internacional contra a violencia de Xénero" No centro participamos na iniciativa "Paraugas da Igualdade" unha proposta inspirada nos paraugas da paz de  Matt Lamb. A nosa aportación está basada no cartel  " O meu planeta favorito é Amarte, a mil anos luz da constelación maltratarte"

 

Xogade. Cross escolar

O alumnado de 5º e 6º de primaria participaron na fase zonal do Campo a través en Idade escolar do programa Xogade organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e que se celebrou en Zamáns.

 

Distribución de máscaras

A Consellería de Eduacación ven de publicar unha orde para a distribución de máscaras entre o alumnado.

Pode consultarse o texto completo premendo aqui

Estas axudas son só de aplicación para o alumnado de Educación Primaria, os criterios son os mesmos que se aplican para recibir as axudas de material escolar.

Remate do plazo de presentación:26 de novembro

Samaín 2021

fuentes-de-halloween

Samaín 2021.Decoración de cabazas.

Foguetes espaciais

Desde o E.D.L.G propuxemos a actividade da creación de foguetes espaciais feitos con material de refugallo.

 

Información inicio de curso 2021/2022

 

 

 

 

 

 

Preme na imaxe para descargar a infografía.

Na seguinte presentación podese consultar un resumo do Plan de adaptación a Covid-19 do centro. 

Publicación das listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

 PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

 

Publicación da Listaxe Definitiva do Fondo Solidario de libros de texto e material escolar segundo o establecido na ORDE do 06 de maio de 2021 pola que se regulan ditas axudas.

Estas listaxes non serán publicadas na web do centro seguindo o establecido na Lei de Protección de Datos e poden ser consultadas no taboleiro do centro ou a través do aplicativo Fondolibros con certificado dixital ou CHAVE365.

Lembramos que A PARTIR DO MARTES 6 DE XULLO PODERASE PEDIR CITA PARA A RECOLLIDA NO TELÉFONO DO CENTRO:  886 120 261 de 10:00 a 13:00 H

Distribuir contido


by Dr. Radut