Skip to Content

Obradoiro Radio na Biblio

Dentro do programa Radio na biblio, programa no que fomos seleccionados neste curso, tivemos un obradoiro de radio a crago de persoal de Ponte nas Ondas para coñecer o funcionamento da mesma e como realizar a súa montaxe.

 

Obradoiro de Igualdade

Dentro do programa de coeducación para a promoción da Igualdade e a prevención da violencia de xénero do Concello de Vigo, Elsa impartiu un obradoiro ao alumnado o pasado venres.

Día da Paz 2022

Nos videos deixámosvos a celebración do Día da Paz 2022.

Xornadas de portas abertas

Queres coñecer o noso cole?

Concerta a túa visita durante todo o mes de febreiro chamando ao 886 120 261 ou no correo electrónico ceip.pondal.vigo@edu.xunta.gal

Obradoiro " O monte é vida"

Axentes forestais do Distrito Forestal XVIII -Vigo-Baixo Miño impartiron para o alumnado de 5º e 6º de primaria o obradoiro O monte é vida para conciencialos da importancia da protección do medio ambiente fronte aos incendios forestais.

 

25 N: Día Internacional contra a violencia de xénero.

O 25 de novembro conmemorase o "Día Internacional contra a violencia de Xénero" No centro participamos na iniciativa "Paraugas da Igualdade" unha proposta inspirada nos paraugas da paz de  Matt Lamb. A nosa aportación está basada no cartel  " O meu planeta favorito é Amarte, a mil anos luz da constelación maltratarte"

 

Xogade. Cross escolar

O alumnado de 5º e 6º de primaria participaron na fase zonal do Campo a través en Idade escolar do programa Xogade organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e que se celebrou en Zamáns.

 

Distribución de máscaras

A Consellería de Eduacación ven de publicar unha orde para a distribución de máscaras entre o alumnado.

Pode consultarse o texto completo premendo aqui

Estas axudas son só de aplicación para o alumnado de Educación Primaria, os criterios son os mesmos que se aplican para recibir as axudas de material escolar.

Remate do plazo de presentación:26 de novembro

Distribuir contido


by Dr. Radut