Skip to Content

CONTACTO

  • Teléfono - 676 95 73 14 / 986780472

 

  • correo electrónico:

ceip.pio.cabanillas@edu.xunta.gal

 

FONDO LIBROS - AXUDAS MATERIAL 23/24

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

 CURSO 2023 / 2024

Destinatarios:

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de EP.
  • O alumado que curse 1º da ESO no próximo curso.
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en Educación Primaria e 1º de ESO.
  • O alumnado de 5º e 6º por ter EDIXGAL só solicitará axuda para material (no mesmo formulario)

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

Cálculo sobre a DECLARACIÓN DA RENTA DO EXERCICIO FISCAL 2022

Calcular Renta per cápita

1º   sumar recadro 435 + recadro 460

 

2º   O resultado da suma dividilo entre o número de membros computables da unidade familiar.

 

  • Copia do libro de familia.
  • Fotocopia DNIs (alumno/a e membros computables)
  • Sentenza xudicial (de ser o caso), certificado de convivencia ou informe dos Servizos Sociais. Con data de referencia 31 de decembro de 2022.
  • Certificado do grao de discapacidade, se é o caso.

 

Resumo dos fondo e das axudas:

enlace

 

 Forma de presentación:

  • Entregar no centro educativo a solicitude correctamente cumprimentada e a documentación.

O alumnado que curse 1º de ESO o próximo curso deberán entregar a solicitude e a documentación no IES LAXEIRO.

  •  Cubrir a solicitude (anexo I  e anexo II) na aplicación “fondolibros” da páxina web da Consellería de Cultura, Educación e U. (www.edu.xunta.es/fondolibros), imprimir e presentala no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación. 
  •  Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. (Para o que deberán empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

A solicitude será única para todos os fillos e fillas que estean admitidos no mesmo centro.

 

PRAZOS DE ENTREGA E PUBLICACIÓN DE DOCUMENTACIÓN NO CENTRO:

  • Presentación de solicitudes: ATA O 21 de XUÑO
  • Devolución dos libros do curso 2023/2024: ATA O 21 de XUÑO.
  • Publicación do listado provisional: finais de xuño.
  • Reclamacións: 2 días despois da publicación provisional.
  • Publicación do listado definitivo: xullo.

 

 

OBRIGAS:

  • Ter devolto os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2023/2024.
  • Conservar en bo estado os libros de texto e material reutilizable.
  • Destinar o importe do vale a adquirir os libros de texto e o material escolar que indique o centro no que estea matriculado o alumnado.

Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda nos cursos anteriores.

 

 

DOCUMENTOS:

- ORDE do 7 de maio de 2024 ....COMPLETA

-  Formulario ED330B (anexo I anexo II) para imprimir.

 

 

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR E O CIBERACOSO.

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR E O CIBERACOSO.

O Punto Laranxa é unha medida impulsada pola Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración do alumnado, o profesorado, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa.

O acoso escolar supón calquera forma de vexación ou malos tratos continuados no tempo recibida por un alumno ou unha alumna por parte dun, dunha ou de máis iguais, de caracter verbal, físico ou psicolóxico, incluíndo o illamento ou baleiro social, con independencia do lugar onde se produza.

Terán a mesma consideración as condutas realizadas a traves dos medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos que teñan causa nunha relación que xurda no ámbito escolar (ciberacoso)

A través do punto Laranxa poden comunicar de forma anónima ao equipo de Actuacións Contra o Acoso Escolar e Ciberacoso (equipo ACAE) calquera situación de acoso escolar ou ciberacoso que poida estar sufrindo un alumno ou alumna do centro educativo.

Instalouse no colexio o Punto Laranxa físico e o Punto Laranxa Virtual.

 

  • Punto Laranxa físico (situado na entrada do colexio).

 

  • Punto Laranxa Virtual. (Situado na parte dereita arriba da páxina web do colexio)

 

Enlace - PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN, DETECCIÓN E TRATAMENTO

 

 

 

DO ACOSO E CIBERACOSO ESCOLAR. (Publicado en xaneiro de 2024)

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut