Skip to Content

CONTACTO

  • Teléfono - 676 95 73 14 / 986780472

 

  • correo electrónico:

ceip.pio.cabanillas@edu.xunta.gal

 

EVENTOS PARA FAMILIAS

O Centro de Formación e Recursos de Pontevedra informa das seguintes actividades para as familias (gratuítas):
 

  • O venres 10 de maio ás 20:00 horas terá lugar no Salón de actos da Biblioteca Municipal                          de Lalín unha actividade formativa para as familias a cargo da                                                        prestixiosa divulgadora Eva Millet.

  • O  luns 13 de maio ás 20:00 horas contaremos  con José Luís Abajo (Pirri),                                medallista olímpico de esgrima que falará sobre o método para conseguir os teus obxectivos. Esta actividades tamén  terá lugar no Salón de actos da Biblioteca Municipal de Lalín.

 

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR E O CIBERACOSO.

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR E O CIBERACOSO.

O Punto Laranxa é unha medida impulsada pola Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración do alumnado, o profesorado, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa.

O acoso escolar supón calquera forma de vexación ou malos tratos continuados no tempo recibida por un alumno ou unha alumna por parte dun, dunha ou de máis iguais, de caracter verbal, físico ou psicolóxico, incluíndo o illamento ou baleiro social, con independencia do lugar onde se produza.

Terán a mesma consideración as condutas realizadas a traves dos medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos que teñan causa nunha relación que xurda no ámbito escolar (ciberacoso)

A través do punto Laranxa poden comunicar de forma anónima ao equipo de Actuacións Contra o Acoso Escolar e Ciberacoso (equipo ACAE) calquera situación de acoso escolar ou ciberacoso que poida estar sufrindo un alumno ou alumna do centro educativo.

Instalouse no colexio o Punto Laranxa físico e o Punto Laranxa Virtual.

 

  • Punto Laranxa físico (situado na entrada do colexio).

 

  • Punto Laranxa Virtual. (Situado na parte dereita arriba da páxina web do colexio)

 

Enlace - PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN, DETECCIÓN E TRATAMENTO

 

 

 

DO ACOSO E CIBERACOSO ESCOLAR. (Publicado en xaneiro de 2024)

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut