Celebracións Colectivas

Faladoiro de Nadal 2012

         O día antes de comezar as vacacións de Nadal tivemos un faladoiro no colexio. Un faladoiro lle chamamos a unha celebración colectiva na que prima o uso do galego oral. Os nenos fan distintas representacións en diversos estilos: teatrais, poéticas, cantos e bailes... Os alumnos fixeron un moi bo traballo. É que són uns artistas estupendos! Grazas a todos os que colaboráchedes para que fora posible. Aqui vos deixamos estas fotografías...

Click to play this Smilebox slideshow
 
 

MAGOSTO 2011

        O pasado xoves, 10 de novembro de 2011, celebramos no colexio o noso San Martiño. O alumnado disfrutou do magosto participando en xogos populares e degustando as castañas que asaron os castañeiros no patio. Nesta presentación podedes observar as instantáneas que se tomaron durante a celebración.

Entroido 2011

         O pasado 4  de marzo celebramos o Entroido no Colexio con toda a comunidade educativa como convidados. Esta fermosa presentación recolle moitas fotografías do evento. Esperamos que vos gusten. Estas fotografías e máis, están disponibles no ANPA por si queredes botarlle unha ollada, copialas, ou ver a numeración.

      Asimesmo, como todos os anos, Tono Fotógrafo ten tamén estas fotografías para todos aqueles que queiran facer copias tanto delas como do Póster do Entroido 2011. Xa podedes comezar a solicitalas. Só necesitades saber o número que vai ao comezo do nome de cada fotografía para encargalas. Unha selección delas estará un tempo exposta na entrada principal ao recinto escolar (non a entrada de Ed. Infantil).

 

 

Esta semana o Pintor Laxeiro se viste de Entroido...Presta atención e obedece ás consignas do Meco.

 Consignas Do Meco 2011

LUNS

Se  neste entroido queres disfrutar, este  luns has de traer un colar.

MARTES

Se  ao  Meco queres contentar, con pano ou perruca has de estar.

MÉRCORES

O mércores non  te  esquezas  de traer

unha  camisa  ou  unha  blusa para o Meco embelecer.

XOVES

Para completar o disfraz, este xoves vestirás

falda ou vestido e  disfrutarás como un  rapaz.    

Distribuir contido