Skip to Content

Actividades    Biblioteca     Comedor    Galería


 

Educación Física

XOGADE: Xogaloita en Crecente

Este xoves 4 de maio fomos a Crecente a unha xornada de XOGADE na que nos iniciamos nun deporte moi antigo: a loita olímpica.  Ademais de coñecer e divertirnos con outros nenos e nenas dos colexios do condado de A Paradanta, aprendimos que podemos facer calquera deporte sen marcarnos sempre que sigamos unhas regras.


Golf

O mércores 29 de maio o alumnado de 5º de primaria participou nunha xornada de golf no Balneario de Mondariz, onde coñeceron as regras e golpeos máis importantes deste deporte.

Clicade na imaxe para ver tódalas fotos.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Golf

Xogos Populares

O xoves 23 de maio o alumnado de 3º e 4º, e o venres 24 o alumnado de 5º e 6º, participou nunha xornada de xogos populares no parque da Canuda (en Salvaterra de MIño) xunto co resto de coles do Condado, desfrutando dunha lúdica xornada.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Xogos populares

Atletismo en Pista

O venres 26 de abril o alumnado de 4o de primaria foi o IFEVI a disputar con outros centros da contorna unha xornada de atletismo en pista.

Que ben o pasamos!

Atletismo en pista

Xornada de Badminton

O alumnado de 5º e 6º participou nunha xornada de Badminton organizada pola agrupación deportiva ADECONPAR.

Varios alumnos e alumnas clasificáronse para disputar o Campionato zonal escolar que se disputará este sábado 23 de marzo no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas. Moita sorte!

Clicade na imaxe para poder ver algunhas imaxes do evento!

 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Deporte Escolar

Xornadas de Cross

Os días 22 e 23 de novembro celebráronse as xornadas de cross organizadas pola asociación ADECONPAR onde participou o noso cole co alumnado de 3º,4º,5º e 6º disfrutando dunhas xornadas de convivencia e deporte, onde incluso tivemos a sorte de acadar algún podium si ben o que máis nos gustou foi o chocolate e as rosquillas que repartieron ao final para todos os participantes.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Xornadas de Cross

Loita Galega

O luns 23 de Outubro, dentro do programa Coñece o meu Club, viñeron ao cole a facer unha demostración de Loita Galega, ensinándonos distintas técnicas desta disciplina deportiva.

Loita galega

RECREOS ACTIVOS

Cancións para saltar a comba

Pictograma Comba

Xogos de fios

Aqui tedes un video tutorial para aprender o xogo dos fios.

Progresade dende as figuras mais básicas ata onde vos leve a imaxinación...

Só precisades para practicar: outra persoa e un fio textil de lá ou similar.

Paciencia e ánimo, que seguro que o conseguides.

 

Distribuir contido

     Bibliotecas Escolares Radio na Biblio



by Dr. Radut