Skip to Content

PDI: a cociña

Esperta a túa creatividade

"A froita".

Aquí temos a poesía "A froita" coa que o alumnado de 2º de Educación Primaria estivo traballando nos últimos días.

Obradoiro de cociña

Hoxe, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, tivo un obradoiro de cociña, no que preparou o seu petisco de media mañá. Tocou facer biscoito de iogur! Saíron regular, pero estaban de ricos... 

Mesmos ingredientes, diferentes formas de facer, obtivemos uns ricos biscoitos que degustamos na hora de lecer.

Como di o conto de COCORICO: Picotí, picotá! Ai que rico está (ou estaba)!!!

Non quedou nin unha migalla!

 

A arte do "puntillismo".

O alumnado de 2º de Educación Primaria desenvolveu o "puntillismo" a través dos alimentos. Apreciade o seu gran traballo!

"Decoramos madalenas"

O alumnado de 2º de Educación Primaria fixo un obradoiro de "decoración" comestible de madalenas!

Educación Infantil cociña mini pizzas!

Neste mes de marzo o reto promovido dende o PDI: a cociña consiste en cociñar. O alumnado de Educación  Infantil fixo mini pizzas!

Facemos arte a través da fotografía

O alumnado de 6º de Educaión Primaria estivo traballando a arte cos alimentos a través da fotografía. Aquí podedes ver as súas magníficas fotos!

Día de Rosalía

 

O día de Rosalía celébrase tal día coma hoxe, 23 de febreiro, e para conmemorar a esta escritora fíxose unha exposición de libros sobre ela e cada aula traballou coa súa poesía a nivel xeral e a nivel concreto o "caldo de Rosalía".

Arcimboldo en Educación Infantil

O alumnado de Infantil 2 investigou sobre Giuseppe Arcimboldo e como resultado final fixeron a súa propia obra de arte!

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut