Skip to Content

Familias

4ª sesión do club de lectura "Xa non son malo".

Nesta 4ª sesión dialogamos sobre o lido e estivemos investigando sobre as árbores que pode haber nun bosque e no noso patio. Preparámonos coas botas e os chuvasqueiros a alá fumos a observar o noso medio! Todas as follas das árbores son iguais? Como se chamarán? Fixemos unha colleita de follas e ao chegar a clase investigamos coa axuda do libro Este es mi planeta Árbores, prensamos as follas recollidas para facer máis adiante un herbario e preparamos unha gran lupa (baseada nunha lupa de trazos_class) con cartón, cartolina, cola e pinturas.

 

3ª sesión do club de lectura "Xa non son malo".

Nesta 3ª sesión seguimos falando da lectura que fixemos ata o día de hoxe e estivemos sementando petunias, ademais de traballar cun "poema lobeiro" do libro O libro dos bicos.

Libros para as familias!

Familias! Lembrade que podedes visitar a nosa biblioteca de 9.15 a 10.00 h os martes e mércores e coller libros en préstamo para vós e para os/as vosos/as cativos/as. Algúns dos libros que podedes atopar para vós son estes:

 

1ª sesión do club de lectura "Xa non son malo".

Nesta 1ª sesión falamos da lectura que levamos feito ata agora e coñecemos os protagonistas! Incluso estivemos investigando un pouco sobre o pasado do lobo.

Comeza o club de lectura en Educación Infantil!

En Educación Infantil arrancan co club de lectura do libro Xa non son malo. Grazas a colaboración das familias podemos desenvolver esta actividade tan enriquecedora!

A biblioteca está aberta para as familias

O luns 2 de outubro volvemos a abrir a nosa biblioteca.

Como novidade, este ano estará aberta ás familias os martes e os venres, de 9:15 a 10:00. Poderédesvos achegar a consultar os fondos e a coller libros en préstamo.

Agardámosvos!

  

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut