Skip to Content

Día da Árbore

CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE COA COLABORACIÓN DA FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA

O pasado martes 20 de marzo celebramos o día da árbore un pouco anticipado. Fomos a Vide a plantar carballos. Cada un de nós plantou un carballo que nos deron a asociación Amigos de Galicia. Puxémoslle a cada árbore unha etiqueta co noso nome. Ao rematar o traballo tocou ir ao colexio a comer. A comida  tamén foi por conta dos Amigos de Galicia.

 

Pasámolo xenial vendo todos os carballos que se plantaron, que foron arredor duns 300. 

 

Agradecemos á Fundación Amigos de Galicia esta iniciativa tan fermosa, na que nos deixaron ser partícipes e  que axudará a recuperar os montes do Concello que quedaron totalmente destrozados logo da vaga de incendios sufrida en outubro de 2017.

Grazas tamén ao Concello pola colaboración co transporte. 

 

Deixámosvos aquí o vídeo que publicou a Fundación Amigos de Galicia no seu canal de Youtube 

  

                    

DÍA DA ÁRBORE 2017

Un ano máis fomos convidados pola Comunidade de Montes de Tortoreos,  para que o noso alumnado plante árbores na Caíña. Fixemos o camiño á pé dende o cole e a verdade que todos subiron moi ben. Unha vez arriba houbo  que  mancharse, coller o sacho e plantar as árbores tan necesarias para a vida. Agora tócalles ir ver de cando en vez como van medrando. Deixamos aquí unha mostra de fotos da saída. 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own picture slideshow
Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut