Skip to Content

Día da Familia

Día da Familia 2024

O día 15 de maio desfrutamos dunha xornada de convivencia de toda a comunidade educativa: alumnado, familias e docentes.

Tras un visionado dunha curta sobre a comunicación nas familias (sí, era un anuncio de Ikea ;) ), os nenos e nenas desfrutaron duns inchables e de xogos organizados polas mestras e mestres. Os familiares participaron deste xogo, e os máis atrevidos deixaron a súa pegada no muro da escola.

Por último, desfrutamos da boa comida da nosa cociña, con croquetas e pizza caseiras! 

Clicando na imaxe poderedes ver o álbum de fotos dese día. 

Moitas grazas por vir! Esperámosvos o ano que ben!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Día da Familia

Día da Familia

Día da familia de Anxi

15 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS

 

 Queridas nenas e nenos, estimadas familias:

Hoxe celébrase este día co obxectivo de crear conciencia sobre o papel fundamental das familias na educación das fillas e fillos desde a primeira infancia, xerando oportunidades de aprendizaxe únicas e que, este ano por mor da situación que estamos a vivir, cobra se cabe máis importancia e valor.

Gustaríanos propoñer unha actividade que inclúa a todos os membros da unidade familiar e que ten como base o AGRADECEMENTO entendido, non só como un xeito de valorar a labor das persoas que temos máis preto, senón tamén coma un exercicio emocional e saudable.

Ser agradecido mellora a nosa calidade de vida, reduce o estrés, conéctanos con nós mesmos, aporta enerxía e mellora a autoestima. En definitiva, axuda a manter relacións sociais máis plenas e fortalece a FELICIDADE.

Nesta situación difícil que estamos vivindo, todos temos algo polo que estar agradecidos ás mamás, aos papás, aos avós e avoas, aos irmáns e, tamén, a nós mesmos. Todos estamos aprendendo desta circunstancia.

Animámosvos, pois, a escribir ou debuxar unha carta de agradecemento para aquelas persoas coas que convivides (de nai a fillo, de pai a nai, de neto a avoa...) pensando ben por que estades agradecidos con esa persoa en concreto, mencionando aspectos positivos desta corentena ou cousas que estades aprendendo doutros ou de vós mesmos.

Deixámosvos uns modelos por se queredes empregalos: un con máis espazo para escribir e outro para debuxar. Sentídevos libres de usar o que prefirades e de pedir axuda para facelo se queredes.

       

PREME NAS IMAXES PARA VELAS MÁIS GRANDES

 Tamén vos invitamos a escribir unha carta de agradecemento para vós mesmos. Ser agradecido cun mesmo é máis difícil e non acostumamos a expresalo.

 

A gratitude é a memoria do corazón” Lao Tse

 

O Equipo de Convivencia

 

 

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut