Skip to Content

Infantil

Día do Libro 2024

Para celebrar o Día do Libro, cada aula elaborou o seu conto, e o compartiron cos seus compañeiros e compañeiras.

Clicando na imaxe podedes ver as fotos do día do libro, 23 de abril.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Día do libro

Todo o alumnado admitido!!

Alumnado admitido Formalización

Educación Infantil cociña mini pizzas!

Neste mes de marzo o reto promovido dende o PDI: a cociña consiste en cociñar. O alumnado de Educación  Infantil fixo mini pizzas!

Saída ao teatro, en Vigo.

O alumnado de infantil e primaria visitou Vigo para ver a obra teatral "Tributo Musical al Rey León".

Ao chegar a Vigo, merendamos ao pé do Monte do Castro.

A continuación, desfrutamos do Teatro Musical coas personaxes do Rei León.

Rematamos o día comendo no parque de Castrelos, e xogando ao aire libre.

Facendo clic na imaxe, poderedes ver algunhas fotiños do noso día.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Teatro musical: O Rei León

8 de Marzo: Día da Muller

Clicando na imaxe podedes ver algúns exemplos da nosa celebración do Día Internacional da Muller.

Álbum: Curso 2023-2024 -> 8M: Día da Muller

Proxecto "Exploradores del universo".

O alumnado de Infantil 2 está investigando moito sobre o universo.

Postos escolares para o curso académico 24-25

A oferta de postos escolares do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé para o vindeiro curso académico 24–25 é a seguinte:

  • 4º Educación Infantil: 20 vacantes.

  • 5º Educación Infantil: 0 vacantes.

  • 6º Educación Infantil: 0 vacantes.

  • 1º Educación Primaria: 2 vacantes.

  • 2º Educación Primaria: 4 vacantes.

  • 3º Educación Primaria: 0 vacantes.

  • 4º Educación Primaria: 4 vacantes.

  • 5º Educación Primaria: 0 vacantes.

  • 6º Educación Primaria: 0 vacantes.

Haberá unha reserva de prazas para o alumnado NEAE segundo o artigo 5 do Decreto 13/2022 do 3 de febreiro.


 

A galiña no proxecto "Animais da casa".

O alumnado de Infantil 1, dentro do seu proxecto "Animais da casa", investigou moito sobre as galiñas. Cal será o seguinte animal que investiguen?

Arcimboldo en Educación Infantil

O alumnado de Infantil 2 investigou sobre Giuseppe Arcimboldo e como resultado final fixeron a súa propia obra de arte!

En que alimento se pode converter un triángulo?

O alumnado de Infantil 1 estivo traballando cos triángulos e reflexionando no alimento no que se podían converter. Aquí podedes ver as súas ideas!

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut