Skip to Content

Día da Paz

Palabras para a paz

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Para conmemoralo, o alumnado escolleu palabras relacionadas coa paz: igualdade, respecto, amor, humildade, tolerancia, amizade... e as definiron coas súas palabras.

Todas estas palabras atópanse no corredor, entrelazadas nunha sopa de letras xigante que resolveremos entre todas e todos.

ACHÉGATE Á BIBLIO!

Día da Paz 2023

Álbum: Curso 2022-2023 -> Día da non violencia e da paz

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ 2021

O pasado venres 29 celebramos o día da Paz creando o noso xardín de flores con mensaxes. 

Deixámosvos aquí o vídeo e se premedes na imaxe da cámara podedes ver todas as fotos. 

 

 

Celebramos o Día da Paz

Co gaio da celebración do Día Internacional da Paz, fixéronse varias actividades nas aulas, decoráronse espazos do centro e hoxe vimos todos xuntos este conto que nos anima a reflexionar sobre o fermoso que é vivir sen guerra. 

Aquí o deixamose o poidades ver. O conto está baseado no conto "Me llamo Paz" de Anna Obiols.  

Vídeo aloxado en Youtube

 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Este curso polo Día da Paz fixemos os nosos murais e as nosas piruletas dos compromisos. Cada un tiña que escribir o seu compromiso para conseguir a Paz en dous papeis. Un pegámolo no mural e o outro puxémolo no pau dunha piruleta para agasallar a outro compañeiro do centro co noso compromiso. 

Primeiro dixemos e colocamos o noso compromiso no mural. 

 

   

 

 

E como tamén vén sendo costume cantamos unha canción. Este ano tocou El mundo entero de OT

 

 

E aquí estámola cantando moi tranquiliños.

 

E despois de cantar repartimos as piruletas pola paz. 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ 2018

Á parte de facer as 1001 grúas, preparmos en cada aula uns carteis coa mensaxe que o alumnado quere transmitir cara ao mundo. Logo xúntamonos todos para que cada grupo lera as súas mensaxes e a colocara logo no mural que está no corredor frente ao comedor. Aquí vos deixamos a mostra da act¡vidade.

  

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another slideshow by Smilebox

RETO CONSEGUIDO: 1000 GRÚAS POLA PAZ

 

 

CONSEGUIMOS O RETO DAS 1000 GRÚAS.

 

GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS A TODOS POLA GRAN PARTICIPACIÓN!!

 

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut