Skip to Content

Día da Biblioteca

Enchendo a biblioteca de historias

 

Aquí atopamos algunhas das nosas alumnas lendo as historias de medo creadas polo alumnado.


 

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para celebrar o "día das bibliotecas" organizamos a SEMANA DA BIBLIOTECA. Ao longo da semana pasada todo o centro pasou pola biblioteca pública a facer unha visita.

CONCURSO RELATO CURTO

Dende a biblioteca propoñesvos un concurso de relato curto, para celebrar o día das Bibliotecas que é o día 24 de outubro.

Déixamosvos aquí o cartel da convocatoria. Agardamos os vosos relatos que seguro serán magníficos.

ÁNIMO!

 

Temos gañadora 

 

AQUÍ VOS DEIXAMOS O SEU RELATO PARA QUE POIDADES LELO. 

O DÍA DA BIBLIOTECA

    O 22 de outubro celebrábase o día das bibliotecas e non quixemos deixar pasar o día sen facer unha pequena actividade. Todos os cursos do centro pasaron pola biblioteca para recordar as normas de uso da biblioteca, para coñecer un pouco mellor o seu funcionamento, recordarnos que temos a biblioteca a nosa disposición, para ler libros nos recreos, consultar información para os nosos traballos e coller libros prestados para levar para os nosos fogares. Cada curso ten un recreo asinado para ir e coller algún libro en préstamos, pero iso non quita que se lemos o que levamos, non poidamos pasarnos por alí calquera outro día para devolvelo e coller outro que nos guste.  

 

 

 

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut